0-0: A EFF Rosalía Infantil empata en Mos

As de Alba conseguen un punto na súa visita ás Baloutas que lles asegura o primeiro posto do grupo na primeira fase.

A Escuela de Fútbol Femenina Rosalía sumou un punto na súa visita ao Mos na quinta xornada da Liga Galega Infantil Feminina. As de Alba Rodríguez suman un importante punto que mantén ao equipo no primeiro posto da clasificación a falta dunha xornada para terminar a primeira fase.

Partido moi disputado entre dous equipos que se xogaban o primeiro posto da clasificación, motivo polo que o partido foi máis intenso do habitual. A UD Mos comezou máis metido no partido, disputando cada balón e gañando as disputas no corpo a corpo pero sen ocasións claras. Desde o primeiro momento, en cada acción, o físico era determinante.

Convocatoria da UD Mos o pasado sábado nas Baloutas.

A primeira parte estivo caracterizada polo xogo en procura das costas de ambas defensas pero sen moita triangulación. As locais tiveron a ocasión máis clara da primeira parte, cun gol anulado dunha mala saída de balón desde atrás do Rosalía. Tralo saque de porta de Valeria, o balón cáelle á dianteira do Mos, mal situada dentro do área, que manda o balón ás mallas pero ben anulado polo árbitro do encontro.

Ao comezo da segunda metade, as azuis comezaron mellor situadas, o que fixo que dominaran a posesión de balón. Pero as ocasións foron neutralizadas polo gran poderío físico das moenses. Na última metade do partido volveu á tónica dos primeiros 45 minutos, onde as ocasións do Rosalía pasaban polos centros de Silvia e Ester, donas da banda esquerda, pero o marcador non se moveu.

A Escuela de Fútbol Femenino Rosalía suma un punto que lle asegura o primeiro posto do Grupo Sur a falta dunha xornada, na que recibirá o próximo sábado ao Lóstrego no Monte da Aira.

Check Also

O Infantil cae derrotado ante o Lóstrego CF (0-7)

As azuis non puideron puntuar en casa ante un rival moi superior. A Escola de …

Skip to content