1-0: Rosalía xogará o playoff de ascenso a Terceira Federación

O equipo pontino superou ao Antas en Oira cun gol de Candela no minuto 73′ e pechou a liga regular en segunda posición.

A Escola de Fútbol Feminino Rosalía pechou a liga regular cunha vitoria de enorme valor ante Antas no campo municipal de Oira. O conxunto pontino impúxose por 1-0 grazas a un gol de Candela no minuto 73′, un resultado que lle permite conservar a segunda posición e continuar o seu soño de pelexar polo ascenso a Terceira Federación no playoff, onde se medirá ao San Pedro.

O partido comezou con moito respecto entre ambos os equipos. Tanto Rosalía como Antas saíron con precaucións, máis pendentes de non cometer erros que de asumir riscos en ataque. Co paso dos minutos, o conxunto visitante foi gañando protagonismo e conseguiu encerrar por momentos ao equipo pontino no seu propio campo. A pesar de iso, as ed Alberto Tamayo defendéronse con orde, protexeu ben a súa área e apenas concedendo ocasións claras. Na primeira metade, Karla tivo un papel importante baixo paus. A gardameta local blocou varios intentos afastados de Yanire e Elise, e respondeu con acerto ante as mellores chegadas visitantes. Unha das máis claras chegou no 19′ tras unha acción de Jenny pola esquerda que terminou con remate de Nuria, obrigando a Karla a intervir con seguridade. Antes do descanso, no 45+3′, a porteira ‘azul’ volveu aparecer nun balón en profundidade ao espazo, onde Jenny rematou e Karla despexou cunha gran intervención.

“Estou moi orgulloso das xogadoras”, Alberto Tamayo.

Candela decidiu na segunda parte
Tras o paso por vestiarios, noso sénior cambiou o ton do encontro. As locais saíron con máis forza e, co paso dos minutos, lograron equilibrar o xogo, afastar ao Antas da súa área e achegarse con máis intención a campo contrario. A tensión foi crecendo pola importancia do resultado, especialmente tras coñecerse a vitoria do San Pedro en Vigo, que engadía aínda máis emoción á loita polas posicións de playoff.

O equipo pontino empezou a atopar máis presenza ofensiva. Aldarita probou desde a frontal ao comezo da segunda metade, aínda que o seu disparo saíu desviado. Máis tarde, o Antas respondeu cun balón colgado á área que acabou cun remate perigoso de Dana, que se paseou por diante da liña de gol. No minuto 67′, Noui tivo unha das ocasións máis claras cun disparo mordido que, tras tocar lixeiramente en Melanie, acabou golpeando no poste. A acción decisiva chegou no minuto 73′. Unha xogada polo sector esquerdo terminou cun centro de Antía que non atopou rematadora en primeira instancia. O balón quedou solto dentro da área e Candela, moi atenta, controlouno e rematou ao fondo da rede para asinar o 1-0. O tanto desatou a alegría local e achegou ao Rosalía a un triunfo fundamental.

O gol deu vantaxe, pero non tranquilidade. O Antas buscou o empate ata o final e o conjunto de Alberto Tamayo tivo que competir con carácter nos últimos minutos. Aldarita dispuxo dunha nova ocasión no minuto 78′, pero Xanaia respondeu cunha gran parada. Pouco despois, Sampi combinou con Candela nunha boa parede, aínda que o remate da autora do gol marchou alto desde a frontal. O tramo final esixiu un último esforzo ao noso equipo. No minuto 89′, Antía Rodríguez viu a segunda amarela e o equipo pontino quedou con dez xogadoras. Xa no desconto, puido checar a sentenza: Noui centrou á área, Aldarita rematou de cabeza e Xanaia evitou o empate cunha intervención decisiva. A xogada continuou e terminou cun disparo de Noui que marchou moi desviado. Aínda houbo tempo para unha última acción individual de Sampi, pero o seu remate final saíu desviado. O asubío final confirmou unha vitoria de moito mérito para a Escola de Fútbol Femenino Rosalía, que soubo sufrir, competir e aproveitar o seu momento para levarse tres puntos decisivos.

Con este triunfo, o conjunto pontino mantén a segunda posición ao peche da liga regular, mentres que o Antas perde a terceira praza en favor do San Pedro. Agora, Rosalía e San Pedro continuarán o seu camiño no playoff de ascenso a Terceira Federación, nunha eliminatoria que prolonga o soño de ambos os equipos.

Alberto Tamayo atendeu á web do club ao termino do encontro e resaltou: “Era un partido de moita tensión e de moito desgaste emocional. Sabiamos que o Antas nos ía a esixir moitísimo”. “Estou moi orgulloso das xogadoras. Traballaron durante toda a tempada para chegar a este momento. Hoxe tocou sufrir, mesmo cunha menos ao final, pero o equipo demostrou carácter, compromiso e unha enorme capacidade para competir.”, engadiu o técnico.

FICHA TÉCNICA

1-Rosalía: Karla, Aldarita, Noa, Antía Rodríguez, Sampi, Mihret, Añón, Noui, Miriam, Antía (Aline, 89′) e Candela.

0-Antas: Xanaia, Marta (Melanie Carreira, 59′), Eva, Iria, Elisa, Dana (Ángeles, 68′), Jenny (Rebeca, 74′), Nuria, Melanie (Maite, 68′), Yanira e paula.

Goles:
1-0 (minuto 74′) Candela

Tarxetas
Amarela (minuto 28′ e 88′) Antía Rguez.
Amarela (minuto 45′) Paula Díaz
Amarela (minuto 55′) Alberto Tamayo
Amarela (minuto 58′) Añón
Amarela (minuto 58′) José M. Álvarez
Amarela (minuto 60′) Dana

Vídeo: Partido completo.

Check Also

Rosalía-Antas: unha final polo playoff en Oira

O equipo de Alberto Tamayo recibe mañá domingo ao Antas en horario unificado, coa segunda …

Ir o contido