4-0: Á final da fase de ascenso

A Escola de Fútbol Feminina Rosalía imponse ao Silva con goles de Candela, Ester, Noui e Vicky e loitará polo ascenso contra o Domaio o 4 e 11 de xuño.

A Escola de Fútbol Feminina Rosalía goleou ao Silva no Municipal de Oira e clasificouse para a final da Fase de ascenso a 1.ª División Galega Feminina Arzúa-Ulloa DOP, na que se enfrontará os días 4 e 11 de xuño ao Domaio. Gran partido das de Tobaruela, que encarrilaron a eliminatoria grazas aos tantos de Candela, Ester, Noui na primeira metade e certificaron a clasificación con outro gol de Vicky despois do descanso. As pontinas, a dous encontros de lograr o seu primeiro ascenso.

O noso equipo saíu concentrado e o primeiro tanto non fíxose esperar. No minuto 14, as pontinas xa mandaban no marcador tras unha acción espectacular de Candela. Presión na saída de balón rival, recuperación da centrocampista e dereitazo desde 30 metros para bater a Laura Ramos cun precioso chute. Tan só cinco minutos despois, Noui estivo a piques de ampliar a vantaxe, pero o seu disparo pasa pegado ao poste.

No 24′, Noui voltaría ser protagonista ao filtrar un balón a Bonjoch para que a xunqueirá acabe asistindo a Ester para encarrilar a eliminatoria cun remate ao primeiro toque no segundo pau. A continuación, Ari probou sorte cun remate que blocou sen problemas Rocío. No 45′, Noui puxo aínda máis terra polo medio. Recuperación da interior na saída de balón das coruñesas, acomódase o balón á súa dereita e chute remátao por arriba para facer o 3-0 e achegar ao noso equipo á final.

Vídeo: Partido completo

Vicky sentenza na segunda parte
Aos dez minutos de arrincar a segunda parte, Zaira topouse con Laura na súa primeira chegada de perigo tras saír no 47′. Vicky tivo a súa nun cara a cara ante a gardameta rival, o seu remate desviado, antesala do seu gol, pero antes Chenoa probou sorte a balón parado. Unha vez superada a hora de xogo, concretamente no 65′, Vicky acaba rematando unha boa xogada colectiva dentro da área. Era o 4-0 para o noso equipo. Pero lonxe de conformase co resultado, Rosalía seguiu buscando máis. Zaira en tres ocasións, Aldarita cun disparo ao poste; Feijóo e Aroa non puideron completar a goleada. A Escola de Fútbol Feminina Rosalía xogará a súa primeira final da fase de ascenso o día 4 de Xuño ás 18:30 horas no campo de fútbol da Granxa e o 11 no Municipal de Oira ás 12:00 horas.

Check Also

Así queda o calendario para a liga 2024/25

As xogadoras de Tamayo comezarán o campionato a domicilio o domingo 15 de setembro no …

Skip to content