4-0: Vitoria no amigable co Victoria FC “C”

O primeiro tanto de Fírvida xunto aos de Lidia, Noui e Zaira certificaron o segundo triunfo, en amigables co Vitoria CF, dunha sólida EFF Rosalía, no que debutou Celsa.

A Escuela de Fútbol Femenina Rosalía derrotou no Monte da Aira ao Vitoria CF no amistoso que aproveitaron ambos ao ter xornada de descanso na competición oficial. O primeiro gol de Fírvida esta tempada, de moi bela factura, puxo a puntilla nun encontro no que Saa e Otero decidiron probar distintos sistemas de xogo con xogadoras en posicións diferentes ás usadas habitualmente e no que as azuis mostráronse moi sólidas ante un equipo que sempre intenta xogar o balón. Ademais, debutou Celsa e Silvia estreouse esta tempada.

A pesar do caracter de amistoso do partido, comezou con moitísimo ritmo e pronto tivo un dono claro, a Escuela de Fútbol Femenina Rosalía. As pontinas dominaron o centro do campo e cunha boa presión meteron en problemas ás mozas xogadoras blanquinegras, que podían sacar o balón con fluidez. Nunha desas ocasións chegou o primeiro, un erro na saída desde atrás ou aproveita Lidia para marcar o primeiro. A resposta das santiaguesas foi inmediata, buscando as costas de Bea e Isis, centrais locais, intentaron crear perigo pero Rocío estivo moi atenta e adiantouse ás dianteiras visitantes. A pesar do domino no xogo, as azuis non conseguiron marcas máis goles na primeira metade, malia varias ocasións claras de Fírvida, á saída dun córner e Zaira.

Máis goles pero menos ritmo.
A volta de vestuarios os dous equipos acusaron as altas temperaturas e o seco que estaba o céspede do Monte da Aira, o cansazo empezou a facer mella e o ritmo decreceu notoriamente. Noui, nada máis comezar, marcou o segundo e terían que pasar moitos minutos para que o marcador movésese outra vez. Entre medias, dúas claras en boca de gol de Saray. a primeira recibe un centro de Yadira desde a dereita e remata esquinado de cabeza, na segunda, nuevamente recibe de Yadira e non chega por moi pouco ao remate coa portería baleira. Quen non faltou á súa cita co gol foi Zaira, ao aproveitar unha xogada por banda para marcar dentro do área, 3-0.

Sólida segunda metade
Otero decidiu probar a varias xogadores en postos non habituais e o equipo non se resentiu. Os locais, mellor plantadas no campo, adiantaron liñas e recuperaron o dominio do esférico logo duns minutos de dominio visitante. Este dominio viuse reflectido no golazo de Fírvida. A centrocampista recibe na frontal, levanta a cabeza e colócaa na escuadra onde a porteira santiaguesa pouco podía facer. O conxunto dirixido por Jonny Otero terminaba cun 4-0, certificando un novo partido sen recibir gol e xa son cinco consecutivos. O técnico terminaba contento co test antes de recibir o vindeiro domingo ao Comercial no Monte da Aira: “Un partido que apesar de ser amistoso ambos equipos tomáronllo moi en serio e do que saímos moi contentos querendo seguir nesta liña de traballo”.

Check Also

Cuarta vitoria consecutiva (2-0)

A EFF Rosalía venceu ao Touro e mantén a súa serie de triunfos grazas aos …

Ir o contido