4-1: O estraño caso da doutora ‘Rosalía e Mrs. Hyde’

Os goles de Bea, Noui, Ana e Zaira manteñen ao noso equipo firme nos primeiros postos da Liga.

A Escuela de Fútbol Femenina Rosalía, que se mantén invicta na casa no que levamos de tempada, continúa a velocidade de cruceiro logo da derrota da semana pasada. O equipo de Otero (Saa cumpriu o seu primeiro partido de sanción) continúa firme a un punto dos líderes da Liga tras gañar ao Valladares no Municipal de Oira, que viviu a súa segunda goleada consecutiva. O encontro foi de bo ritmo, e todo se puxo de cara desde o inicio na primeira metade pero todo cambiou nos segundos 45 minutos.

Bea, moi lista, aproveitouse dun córner de Zaira aos dous minutos, para rematar soa en área pequena e marcar o seu primeiro gol no campionato. Ata puido chegar o segundo no minuto 8′. O tiro de Aida pasa cerca do longueiro. Nada puido facer a porteira visitante no segundo. Aida recibe en banda esquerda, aproxímase ao área e centra á outra banda. O balón golpea nunha defensa e rebota en Noui despistando a Lidia Rodríguez. A reacción do Valladares non chegou e Ana Seguín pon máis distancia no marcador 4 minutos despois. Noa saca de banda e devólvenlle o balón, o seu centro remátao de cabeza en boca de gol a dianteira. Non terminou aí o acerto azul de cara a portería. No minuto 28′ chegou o cuarto gol. Marcouno Zaira, que meteu a punta do pé antes que chegase ao despexe María Fernández, o seu golpeo inténtao deter Lidia pero o balón escápaselle dentro da portería na súa media saída.

Ana Seguín marcou por segunda xornada consecutiva.

Segunda metade ‘Mr. Hyde
O ritmo cambiou completamente tralo paso polos vestiarios e a Escuela de Fútbol Femenina Rosalía converteuse en ‘Mrs. Hyde’. Isis, María, Lidia, Sabela e Ainara entraron por Aldarita, Noa, Ana, Paula e Zaira. Mentres as viguesas subiron un punto o seu ritmo, as pontinas acomodáronse cun resultado tan claro a favor, tal como dixo Otero en roda de prensa “Na segunda metade a intensidade e ganas do partido foron pésimas o que nos penalizou muchísimo”. Na primeira ocasión das pupilas de Javier Riera, minuto 54′, logo dun despexe da defensa visitante, o balón cae aos pés de Yolanda. A dianteira non falla no man a man ante Rocío, 4-1. Gol que non espabilou ás xogadoras dirixidas por Jonny Otero, malia iso as seguintes ocasións máis claras foron das azuis pero o acerto da primeira metade xa non existiu. Lidia en dúas ocasións (70′ e 85′) e María non acertaron a bater a Lidia Rodríguez.

Check Also

Vitoria ‘C’-Rosalía: a pola segunda vitoria seguida

O noso equipo, que encadea dez xornadas sen perder, busca seguir o refacho no Santa …

Skip to content