5-0: O infantil comeza a segunda volta con vitoria

O filial asina un gran partido e imponse á UD Mos no Monte da Aira.

Gran vitoria da EFF Rosalía Infantil, que sumou o sétimo triunfo da tempada ante un rival de entidade como a UD Mos. As azuis puxéronse 1-0 en 13 minutos grazas ao tanto de Nerea, pero o conxunto mosense aguantou o marcador ata chegar ao descanso. Cuquejo marcou no 42’ e sentenciou o encontro.

Moita iniciativa en ataque por parte do Rosalía no primeiro cuarto de hora. Ester creaba moito perigo dende o perfil dereito, Candela Bouzas e a mesma Ester eran un pesadelo para a defensa rival. O primeiro chegou en xogada polo lateral dereito, Ester supera á súa defensora e Nerea remata ante a estirada de Yanira no 13’. A partir dese momento se impuxo o ritmo de xogo das locais, que na saida dun córner a punto estiveron de marcar o segundo pero Marta Montes non chega a rematar en boca de gol. Nerea estivo preto de marcar ao recoller no área un centro-chuta de Sara pero o balón sae pegado ao pau ezquerdo da portería defendida por Yanira.

Dobrete de Daniela
Volveu con intensidade o filial tras a continuación. Cuquejo adiantou novamente as azuis (42’), sentenciando o encotro. O Mos, que contaba con varias xogadoras que disputaron un partido o día anterior, acusaron o ritmo de xogo e a EFF Rosalía xogou en campo contrario os segundos corenta minutos. Daniela marcou un dobrete con dous tiros dende fora do área (57’ e 77’) e Lidia, nunha xogada pola dereita (63’), redondearon unha vitoria ante un rival que na primeira volta creou moitos problemas as azuis.

Check Also

Gran triunfo do Infantil no Municipal de Oira

O noso equipo gañou no Municipal de Oira cos goles de Cayetana, María, Mihret, Nicole …

Skip to content