5-1: Demasiado castigo ante un sólido Chispa

Os goles de María Antonella (2), María Lago, Vera e Lucía García selaron a vitoria do Chispa ante a EFF Rosalía.

O líder esperaba no Monte Redondo de Vilanova de Arousa e a EFF Rosalía viuse superada polo Chispa, un equipo que cada xornada demostra a sua superioridad eco resto de equipos do grupo IV da 2ª división autonómica feminina. As azuis sairon pola vitoria pero atopáronse cun rival que non perdoa o mínimo fallo.

Nos minutos iniciais víronse dous equipos ben plantados no campo sen arriscar balón atrás, apenas ocasións e partido semellaba iba a ser disputado.

Ao pouco de comezar chegou o gol do Chispa, balón que intenta controlar a defensa do Rosalía e o erro no despexe aproveita María Antonella (15’) para o 1-0. Gol que afectou na moral do Rosalía, que provocaban outra ocasión para as locais nun mal despexe de Noa que desbarata Rocío no man a man. 

As ourensás volveron entrar no partido con balóns en profundidade, Zaira enlazaba un pase entre liñas para Feijóo e o centro e peiteado pola defensa cando Isabel se dispoñía a rematar en boca de gol.

No minuto 30 Canal vese obrigado a facer un cambio da central, Andrea por molestias no nocello retñirase para dar entrada a Aitana

As locais tiñan o control e as azuis non eran capaces de facerse co control do balón, esta situación rematou co segundo gol (35’) tras un pase da morte e remate a boca de gol que saca Rocío e o rechace aprovéitao María Lago.

Intentaban reaccionar as pupilas de Canal que movía fichas, cambio de Sabela por Yadira e bos minutos pero as arousanas non ofrecían ocos en defensa mentras en ataque facían moito dano con balóns ás costas da defensa, o terceiro chegaba no 42’ por obra de María Antonlella nun remate soa ante a portería.

Nos últimos intres da primeira metade chegou o gol da EFF Rosália, balón que recupera Aldarita para Zaira que fai parede con Alba e o balón morto no borde da área o remata Feijóo na escuadra da portería de Nuria.

Á volta de vestiarios o partido foi moi diferente, as Ourensás subiron a presión e comezaban a inquedar a portería local, os cambios de Canal no 60 de partido melloraron o control do xogo; Patricia por Aldarita, Lidia por Noa e Ainara por Silvia. As ocasións sumábanse nos pés de Zaira e Aitana, a porteira local desbaratou ata catro ocasións.

A última media hora de partido foi para as azuis, que tiveron moitas ocasións de perigo pero que concederon dous goles mais en dous contra ataques; Vera no 79’ e Lucía García no 90’ cerraron o marcador dun partido con moitas ocasións e onde reinou o maior acerto e seriedade da SD Chispa, as ourensás deixaron pegada no Monte Redondo pero non pudieron reflejado nun marcador mais apretado.

Check Also

Así queda o calendario para a liga 2024/25

As xogadoras de Tamayo comezarán o campionato a domicilio o domingo 15 de setembro no …

Skip to content