6-1: Triunfo no último partido do ano

O Cadete impúxose en O Seixo cun doblete de Ester e Sara Rodríguez e un gol de Laura Añón e Lucía Nogueiras.

Tres puntos máis para a Escuela de Fútbol Femenina Rosalía Cadete, que venceu ao Sporting Club San Mateo (6-1) en O Seixo. O noso ‘filial’ sumou a súa cuarta vitoria na Liga Galega cadete tras callar un encontro moi completo, no que marcaron Ester (2), Sara Rodríguez (2), Laura Añón e Lucía Nogueiras. O equipo dirixido por Sobrino pecha o ano cun triunfo moi importante para seguir escalando posicións e achegarse aos postos que dan a opción de participar na fase final polo título.

Arrincaron con moitas novidades no once as pontinas, que non tardaron en crear ocasións de gol, aínda que a primeira foi para as pupilas de Pilar Andrade. Nerea Álvarez remata pero Valeria bloca o balón sen problema. A resposta local tras un córner botado por Candela Bouzas, Ester logra bater a Laura cun tiro cruzado. Foi no minuto 12 cando Ester logrou adiantar novamente ás súas tras superar ás dúas centrais e rematar a pracer un pase de Alma tras superar á porteira. Acurtaron distancias as visitantes tras un erro na saída do balón. Nerea Álvarez recupera e supera a defensa de Sofía Torres e Valeria para marcar a porta baleira. Seguiu insistindo o noso ‘filial’ cun tiro de Ester ao pau. Antes de pasar polos vestuarios, Laura Añón remata a pracer un córner de Candela Bouzas batendo a Laura de cabeza, 3-1. Ainda con tempo, Lidia remata sen ángulo e o seu tiro pega no poste e paséase pola liña de gol logo dunha boa xogada de Lucía Pérez.

Sobrino moveu fichas de saida co debut de Oswa e Alma esta tempada.

Doblete de Sara Rodríguez e estreo de Nogueiras.
Aos 16 minutos da segunda metade, o Cadete ampliou a renda. Xogada de Sara Rodríguez e Ester, que remata a centrocampista pegada ao poste conseguindo o 4-1. Querían máis as azuis e Sara, un minuto despois, remata a gol un centro de Lidia desde a dereita. O dominio do noso ‘filial’ era cada vez máis evidente e Lucía Nogueiras estreou a súa conta goleadora esta tempada cun remate de cabeza á saída doutro córner botado por Candela Bouzas. Finalmente, o marcador non se moveu máis e o Cadete logrou a cuarta vitoria da tempada.

Ao remate Jorge Sobrino atendeu a web do club: “Vitoria na miña opinión merecida, onde fomos superiores dende o primeiro momento. Moi contento ca actitude de todas nun partido onde se repartiron os minutos con todas as xogadoras e todas puderon aportar o seu grao de area na vitoria”.

Check Also

O Azul dobrega ao Amarelo no derbi da Liga Cadete

Nun derbi vibrante, con gran ambiente nas bancadas, os goles de Xiana serviron para levarse …

Skip to content