8-0: A EFF Rosalía golea ao Marín

Sabela, Noui e Aitana firmaron os tantos do equipo senior no Monte da Aira.

Pouco máis se lle pode pedir a EFF Rosalía no seu derradeiro partido do no Monte da Aira. As azuis golearon ao Marín no primeiro enfrontamento entre ambos e convenceron cun partido no que mostraron concentración e seriedade desde o inicio. De feito, o seu arranque foi demoledor. En só vinte minutos xa marcaran tres tantos e decidido o encontro pola vía rápida.

Sabela, autora deses tres primeiros goles, vestiuse esta vez de goleadora. No primeiro recibe un pase no fronte do área (9’) e o disparo o rexeite Nerea cara súa portería. No segundo, o mesmo procedemento, novamente un balón no borde do área rival e disparo que non pode atallar Nerea. No terceiro, outro calco dos dous anteriores e mesmo desenlace.

Noui marcou o gol 100 da EFF Rosalía senior.

Gol número 100 do equipo senior
As marineses nada podían facer ante a superioridade local e 12 minutos máis tarde Noui (32’) materializaba o seu primeiro gol, feito histórico ao ser o número 100 na historia do equipo senior. Xa non se movería máis o marcador na primeira metade.

Outros catro goles
Voltaron os dous equipos dos vestiarios e o partido seguiu polos mesmos derroteros, dominio das azuis que estaban desfrutando sobre o cespede e facendo desfrutar á grada. Noui (53’) marcaba novamente e Sabela facía seu particular póker doutro forte disparo dende fora do área que esta vez colábase pola escuadra da portería defendia por Nerea.

Lesión visitante e xogar con dez
No minuto 59 quedou con dez o Marín e Manuel Otero non tiñas cambios “Tiñamos só un cambio, outra xogadora do banco está mal dos pulmóns e co que chovía non quixemos forzar e tivemos que xogar con dez os derradeiros minutos”, momento no que Juanma decidía retirar do campo a unha xogadora para estar os dous equipos en igualdade, situación que non pasaba desapercibida para o adestrador rival “agradecer ao Rosalía que xogaron tamén con dez para compensar e moitas grazas pola consideración”.

Hat trick de Noui e estrea de Aitana
Non foi o último tanto do partido. Aitana (70’) estreábase esta tempada nun man a man contra a porteira rival e Noui (84’) nos últimos compases do partido, marcaba o seu terceiro gol particular na sua volta aos terreos de xogo despois de estar sancionada e non xogar dende a xornada 9 no mes de outubro. Vitoria despois de tres derrotas consecutivas, unida á derrota no derradeiro minuto do Gondomar, deixa a EFF Rosalía no 5º posto da táboa.

Check Also

O senior xa coñece aos seus rivais para a tempada 2024/25

A Escola de Fútbol Feminino Rosalía queda encadrada no Grupo II da Segunda Galega.A Escola …

Skip to content