9-0: Goleada na volta á Liga

As azuis impuxéronse ao Porriño no penúltimo partido da tempada regular con goles de Zaira (4), Lidia (2) Noa, Laura Añón e Noui.

Continua a fortaleza da Escuela de Fútbol Femenina Rosalía no Municipal de Oira, que bateu ao Porriño Industrial (9-0) no partido correspondente á vixésimo primeira xornada de Liga. Un bo partido para afrontar coa moral alta os próximos compromisos.

Ademais, o platel celebrou o aniversario de Victoria, que encadea a súa segunda convocatoria co equipo sénior. Todo iso nun duelo que as pontinas dominaron desde o primeiro momento e que se acabaron levando cun ‘póquer’ de Zaira, o ‘doblete’ de Lidia e os goles de Laura Añón, Noa e Noui, que completaron a goleada.

Zaira marca o ritmo
Volveu a Liga e continuou a racha. As de Pere Tobaruela demostraron por que queren ser protagonistas no Grupo VI da 2ª División Autonómica Feminina desde o primeiro minuto de partido. Instaladas en campo contrario, someteron ás porriñesas con balón e presionaron arriba tras perda para marcar o ritmo dun encontro no que Zaira foi a gran dominadora. A dianteira barbadesa abriu a lata desde a frontal do área pequena, cando ha empalmado un remate ao primeiro toque tras un centro pola banda dereita de Lidia. Aquí comezou a festa da ‘7’ azul. Dez minutos despois, Noa non desaproveita un balón en profundidade para internarse desde o sector esquerdo no área e cruzar o balón lonxe de Aroa (2-0, min.14′). O equipo non baixou o ritmo e seguiu fiel á súa filosofía ofensiva. Nunha xogada parecida á do primeiro gol, outra vez desde a dereita, Lidia fixo un centro raso para Zaira e a dianteira rematou ao primeiro toque desde o punto de penalti, superando á porteira visitante a pracer. Repetiuse o mesmo guión no cuarto. Novamente Lidia supera a liña defensiva desde a dereita e centra para que Zaira que bata a Aroa.

Zaira marcou logo de tres xornadas.

Lidia apúntase á festa
Antes do descanso, aínda daría tempo para ver outros tres goles. As pontinas continuaron sometendo ao Porriño co balón. E foi Lidia, asistente en tres dos primeiros catro goles, que rematou un centro-chut de Feijóo na liña de gol, a que logrou o quinto gol para o Rosalía. Tan só dous minutos despois, a centrocampista convértese outra vez en asistente a Zaira para que a dianteira complete, desta forma, a súa ‘póquer’. Antes do pitido, Laura Añón suma o sétimo ao rematar un córner de Zaira que provocado por Lidia.

Con este amplo resultado, os segundos 45 minutos foron moito máis tranquilos. Con todo, as azuis continuaron marcando o ritmo e gozando das mellores aproximaciones. No minuto 52 trala reanudación, Lidia non falla tralo rexeite de Aroa a un disparo seu dentro do área (8-0). Dous minutos despois cambiou ao sorte de Noui. A dianteira que non tivo a fortuna en varias ocasións durante a primeira metade non falla ao rematar ao primeiro toque un pase de Zaira no área pequena, logrando o noveno que pechaba a goleada. As de Pere Tobaruela controlaron en todo momento un duelo que lles serviu para sumar unha vitoria máis e ver debutar no equipo sénior a outras dúas xogadoras, Sara Bonjoch e Antía. A Escuela de Fútbol Femenina Rosalía suma 14 vitorias en 18 partidos (disputaron unha xornada menos) e seguen cuartas con 95 goles a favor e 13 en contra, sendo o mellor balance do grupo.

Check Also

Vitoria ‘C’-Rosalía: a pola segunda vitoria seguida

O noso equipo, que encadea dez xornadas sen perder, busca seguir o refacho no Santa …

Skip to content