A alaricana Isabel Rejo únese á febre azul

Isabel Rejo reforza a liña de ataque do noso senior para esta tempada.

A dianteira alaricana de 26 anos comeza a sua primeira aventura como xogadora na Escuela de Fútbol Femenino Rosalía, xa que non xogou anteriormente en ningún clube federado.

Isabel Rejo asinou o seu compromiso nas oficinas do clube

A pesar da su inexperiencia en competicións federadas, a nova xogadora sinala que “Para min é unha gran oportunidade. Son dunha aldea cerca de Allariz e dende pequena quixen xogar nun equipo, pero daquela non había equipos femininos, polo que sempre xoguei cos meus amigos”.

Nas suas primeiras impresións como “Rosalía” expresa a ledicia de formar parte do clube “Para min formar parte do único equipo femenino de Ourense é unha sorte, estou moi contenta e animada, e darei o mellor de min”.

En canto a por qué se decidiu a dar o paso de probar no Rosalía “Sempre me gustou xogar ao fútbol, dende moi pequena, e quería xogar nun equipo de fútbol, polo que no Rosalía vin unha gran oportunidade para poder disfrutar da miña maior afición: o fútbol”.

Isabel defínese como un xogadora “tranquila e táctica, con visión de xogo e intento dar o máximo sempre en cada partido”. En canto a sua posición no campo di:“Onde máis cómoda me sinto é formando parte da parte ofensiva do equipo, de media punta ou de dianteira”.

Benvida ao Rosalía!!!

Check Also

Vitoria ‘C’-Rosalía: a pola segunda vitoria seguida

O noso equipo, que encadea dez xornadas sen perder, busca seguir o refacho no Santa …

Skip to content