A defensa de “Cae” Vizcaya seguirá na EFF Rosalía tras renovar un ano máis

A Escola de Fútbol Feminino Rosalía renovou por unha tempada máis á xogadora Caetana Victoria Vizcaya para que esta próxima campaña de novo forme parte integrante do plantel do equipo senior.

A xogadora de Vigo chegaba hai dúas tempada ao conxunto ourensán tras pasar practicamente toda a súa vida deportiva enrolada en equipos pontevedreses e militar na U.D. Ourense antes da súa chegada ao clube.

Cae na súa primeira tempada vestindo a azul disputou un total de 21 dos 28 partidos de dita tempada, anotando un tanto, na xornada 20 contra o Cultural Areas, sendo o que habría o marcador.

Na pasada tempada, a central viu minguada a sua achega, entre lesións e non convocatorias por motivos laborais, tan só puido participar en 9 dos 22 partidos que se disputaron antes do parón e suspensión definitiva da Liga polos motivos xa de todos coñecidos.

Cae destaca pola sua boa colocación en defensa.

A defensa viguesa, afincada en Ourense dende hai tres anos por motivos de estudio e laborais, non tivo ningún problema en aceptar a continuidade na EFF Rosalía “para min renovar polo Rosalía é unha nova oportunidade de gozar do fútbol un ano máis. Un folio en branco para rematar de conseguir os obxectivos da pasada tempada e os novos retos desta, así como tamén seguir aprendendo tanto das nenas como do novo corpo técnico”.

Á hora de valorar os últimos meses de competición mostrouse crítica e con gañas de máis: “A nivel colectivo a tempada pasada puidemos conseguir moitísimo máis do que fixemos, pero confío en que este ano vai a ser o noso ano. E, a nivel individual teño claro que puiden dar moito máis, ainda que debeu ser o ano que mellor forma física tiña. Sei que por motivos laborais non puiden ofrecer todo o que o clube precisaba de min e xa na etapa preconfinamento non estiven todo o presente que tiña que estar. Así que tocará mollarse máis e confiar en que este é o noso ano”.

“A verdade é que o tema do confinamento non o levei de todo mal. A peor semana foi a segunda onde o agobio por non saber que ía ocurrir puido conmigo. Mais logo fíxenme á idea de que tiña que durar o que tiña que durar e aproveitei para descansar e seguir cos estudos (bueno, non moito a verdade jejejeje). En parte agradecín o tempo de descanso, así que agora voltaremos con máis gañas, pero con peor forma física (risas)”.

O noso presidente declarou: “Cae sempre que o traballo lle permita acudir danos un toque necesario de veteranía e de raza na defensa. Se ela está a gusto, e cónstame que o está, é unha xogadora que aporta raza e carácter nunha parcela do campo onde a xuventude e a inexperiencia pode ser un lastre en momentos clave”.

Check Also

Touro-Rosalía: a polo cuarto posto

O noso equipo visita o Municipal de Loxo no encontro da 22.ª xornada de Liga …

Skip to content