A EFF Rosalía de visita en Abegondo

Aproveitando o parón da competición, as xogadoras do club viviron en directo un partido da 1ª Federación Feminina.

A Escola de Fútbol Feminina Rosalía organizou esta semana, xunto a Depor Abanca e a SD Eibar, a asistencia de todas as xogadoras de fútbol 11 e técnicos do club interesados, ao partido que ambos os equipos disputaron nas instalacións deportivas de Abegondo. Desta maneira, as xogadoras dos distintos equipos tiveron a oportunidade de ver un partido da 1ª Federación Feminina e coñecer de primeira man ás xogadoras da SD Eibar.

Todo comezou hai meses, cando o Rubén Flores da Peña da SD Eibar Eskozia la Brava, visitou e viu in situ un dos partidos das nosas xogadoras senior, concretamente o disputado contra Viaxes InterRías ”B” en pretemporada. Posteriormente, a directiva xunto a, Toño Prieto, un dos propietarios do patrocinador principal do club, Ganadería JPD, falaron sobre a posibilidade de ver ao equipo vasco na súa visita ao único representante galego na categoría, o Depor Abanca. Unha vez contactado co RC Deportivo da Coruña, o Director Corporativo do clube, David Villasuso, ofreceunos tódalas facilidades para organizar a actividade xunto co Eibar feminino. Unha xornada diferente nun dos fins de semana que a Real Federación Galega de Fútbol decidiu que esta temporada fose de descanso.

As bancadas tinguironse da #febreazul.

A Abegondo desprazáronse xogadoras dos equipos senior, cadete e infantil e desfrutaron dun partido competitivo que remato con 1-1 no marcador e coa sorpresa de poder coñecer, ao remate, ás xogadoras de ambos equipos. Rocío, capitana do equipo senior valorou así a experiencia: “Esta experiencia foi incrible. Pasámonolo xenial e puidemos ver o que é o fútbol de alto nivel e ademais, as xogadoras estiveron súper próximas e iso á min, persoalmente, encantoume”.
“Creo que estas actividades son moi boas para as xogadoras porque aprendemos moitísimo en todos os sentidos”.

Check Also

Un ano mais colaboramos con Operación Quilo

A campaña alcanza os 37 anos de actividade e pódese doar roupa, xoguetes e comida …

Skip to content