A EFF Rosalía estréase ante o seu público cun solvente triunfo

Laura e Noui puxeron os goles pontinos nun duelo no que as visitantes mereceron máis.

A Escola de Fútbol Feminino Rosalía venceu ao At. Villlalonga ‘B’ (2-0) no que foi un traballado triunfo na estrea ligueira no Municipal de Oira. As de Alberto Tamayo competiron de ti a ti ante un rival aspirante a todo esta tempada desfondándose en todo momento e traballando duro para conseguir uns traballados tres primeiros puntos.

Noui marcou o gol da tranquilidade no seu centenário de 'azul'.
Noui marcou o gol da tranquilidade no seu centenario como xogadora ‘azul’.

Na primeira metade, o equipo sanxenxeiro mostrouse superior ás pontinas en canto a ocasións creadas desde o inicio. Aos 16 minutos chegou a primeira ocasión por mediación de Noa Díaz, que rematou tras centro de Sabela Prado. Foi no minuto 32 cando chegou a resposta local cun disparo de Antía que acaba recollendo Alicia. Noa Díaz fabricouse a última chega de perigo da primeira metade, que pola dereita e tras boa carreira salva Noa desviando a córner.

Con táboas no ‘luminoso’ chegaríase ao descanso, tras o cal, a máis perigosa por parte visitante, Noa Díaz puxo novamente en apretos á nosa gardameta cunha xogada individual que desvía Noa aos 53 minutos de xogo. Inmediatamente despois, Clau recupera a posesión na medular, progresa en velocidade e o seu tiro rexéitao co pé Alicia. Dous minutos despois, o disparo de Antía desde o bordo da área termina no lateral da rede. Eran os mellores momentos das azuis enlazando ata tres ocasións entre os 60 e 70 minutos. A primeira de Laura, bloca Alicia. Seguidamente, unha internada de Bonjoch remátaa Antía ás mans da meta visitante e, finalmente, Candela proba sorte dende lonxe e o balón escapa a centímetros do traveseiro. Non tardou en chegar a reacción visitante cando Paula Sanmartín filtra un pase á carreira de Lidia, que despexa Noa co pé cando o balón ía directo ao fondo da rede. Zaira, que minutos antes envía un disparo pegado ao pau, foi a encargada de executar o córner que serviría para adiantar ao noso equipo. A dianteira centra ao corazón da área, pero o despexe da zaga rival acaba aos pés de Laura, que envía o esférico ao fondo da rede (1-0, minuto 74). Cando o partido parecía ditado para sentenza, o noso sénior logrou ampliar a renda tras unha gran xogada entre Bonjoch, Antía e Noui. O perigo chegou desde o sector esquerdo, onde Bonjoch combinou con Antía para centrar ao bordo da área onde a goleadora colocou o balón na escuadra cun forte dereitazo aos 83 minutos de partido. A mellor maneira de celebrar os seus 100 partidos oficiais na EFF Rosalía.

Check Also

O senior xa coñece aos seus rivais para a tempada 2024/25

A Escola de Fútbol Feminino Rosalía queda encadrada no Grupo II da Segunda Galega.A Escola …

Skip to content