Site icon E.F.F. Rosalia

A EFF Rosalía lévase o derbi no Monte da Aira

A pegada das ‘azuis’ decidiu un derbi con dous goles en tres minutos tras o 1–1 da primeira parte, nun partido intenso ante A Purísima.

Ambiente de rivalidade sa e bancadas animadas para o duelo ourensán da liga Galega Alevín Feminina que se decantou pola eficacia das ‘pontinas’ ante unha Purísima combativa ata o final. Ambos os equipos ofreceron un partido intenso, con presión alta e moito intención de saír xogando desde atrás.

O arranque foi eléctrico e vertixinoso. Aos seis minutos de xogo, Sofía Meixeira silenciou por un momento á parroquia local co 0-1, culminando a primeira chegada clara visitante, cazando un balón solto na frontal da área e batendo por abaixo a Carolina. Catro minutos despois, o pau repelía un chute de Sarita e a opción de aumentar a vantaxe. A Purísima non se encolleu e seguiu masticando a presión e atopou premio aos 16 minutos cun derechazo de Isabella, tras o despexe de Valeria a un disparo de Evangeline para o 1-1, un tanto que acendeu ao equipo e equilibrou o pulso antes do descanso.

Cada parte tivo un dominador.

Detalles que rompen un derbi.
Na continuación o ritmo non baixou nin medio punto, pero o partido abriuse en cando Sarita rompeu as táboas desde o punto de penalti ao transformar unha man de Triana a centro da propia goleadora (1-2, minuto 41’). Ese golpe obrigou á Purísima a adiantar liñas e en plena procura do empate, un balón profundo deixou a Naiara en franca posición para sentenciar co 1-3 tres minutos despois.

As de Aldarita e Zaira demostraron cabeiro no primero partido da temporada (non xogaron na primeira): tres poutadas, tres momentos craves, tres goles.

Vídeo: Partido completo.
Exit mobile version