Seguir crecendo en xogo será unha semana máis o obxetivo.
A EFF Rosalía senior volta á competición oficial despois da disputa no día de hoxe do partido benéfico “Márcalle un gol ao cancro de mama”, no que tiveron como compañeiras as nenas do equipo infantil e rivais a un combinado de mulleres da cidade e provincia.
Seguir mellorando e seguir coa racha parece o obxetivo da EFF Rosalía senior cara o partido fronte ao CD Mosteiro (Domingo, 12:00h, Monte da Aira), nun partido no que Iván Canal seguirá facendo o sudoku para formar a defensa. Se recupera a Aldara Sequeiros, caense da cita Isis Sanmartín e Andrea, unha nova semana na que a defensa non está ao completo coas xa concebidas baixas de Feijóo e Judith, que ainda non se puido estrear esta tempada.
Pero non serán esas as únicas baixas, Alba tamén non poderá estar ao ter que desprazarse a Mos para dirixir o debut da EFF Rosalía infantil, “Alba é a extensión do adestrador no campo, é a que move o xogo, o inicia dende atrás e move todo o equipo”, comentou Iván Canal na rolda de prensa previa.
O CD Mosteiro non tivo un bo comezo de tempada, e as baixas da EFF Rosalía son importantes na defensa e no medio campo por isto esperemos non decaiga o bo comezo das nosas, seguir coa progresión no xogo e na conexión do equipo, pero tamén seguro que o técnico do noso equipo senior vai a aproveitar para seguir dando minutos as rapazas que menos xogaron nos primerios partidos.
O rival
O CD Mosteiro ainda non puntuou esta tempada cun balance de 30 goles en contra e 1 a favor.
Precedentes
Esta será a primeira ocasión que a EFF Rosalía e o CD Mosteiro se enfrenten xa que como comentamos anteriormente o CD Mosteiro estaba emprazado no grupo III da 2ª división feminina a tempada pasada.
Convocatoria
Porteira: Rocio.
Defensas: Noa Domínguez, Cae, Aldarita e Aldara Sequeiros.
Centrocampistas: Saray, Lucía, Noa Fírvida, Patricia, Ainara, Sabela, Yadira e Marta.
Dianteiras: Silvia, Noui e Zaira
Resto da xornada
No resto da xornada destacaríamos o partido do Federatico de Coia entre o 2º clasificado, Balaidos CF e o Umia CF “B”, ainda que tamén pode estar moi igualado o Gondomar FB vs Racing de Vilariño. Os demais partidos teñen, a priori, un vencedor claro pero como di o dito “ningún rival é fácil”, así que esta xornada pode deparar algunha sorpresa
Os horarios serán todos en xornada de domingo:
12:00h SpC San Mateo – CD Bueu
12:00h EFF Rosalía – CD Mosteiro
12:15h Gondomar FB – Racing de Vilariño
16:00h Marin CF – SD Puentearnelas
18:00h Balaidos CF – Umia CF “B”
19:00h SD Chispa – Juv. Cambados
19:45h EDVM Pereiró – SCD Ponte Caldelas
Descansa SD Noalla.