Site icon E.F.F. Rosalia

A EFF Rosalía xa coñece aos seus rivais para a tempada 2022/23

O senior está encadrado no Subgrupo V da 2ª División Autonómica Feminina

A Escola de Fútbol Feminina Rosalía xa coñece aos seus rivais para a tempada 2022/23. O conxunto dirixido por Pere Tobaruela quedou encadrado no Grupo V para a disputa da primeira fase da Segunda División Autonómica Galega Feminina, na que se medirá a equipos do sur de Pontevedra e ao recién creado CD Arenteiro de O Carballiño, disputándose esta tempada o primeiro derbi en partido oficial, en categoría senior, do fútbol feminino na provincia de Ourense.

A tempada regular xogarase a dobre volta entre o dous de outubro e o 14 de maio, clasificándose para a Fase de Ascenso os 5 primeiros clasificados de cada grupo e os dous mellores sextos.

A 2ª división constará de 83 equipos en seis Grupos.

GRUPO V – 2ª Div. Autonómica Feminina

Fase de Ascenso
Os 32 equipos clasificados para dita fase loitarán polas catro prazas que dan acceso a 1ª división en eliminatorias a partido único ata a final, que se xogara no formato ida e volta.

Os 32 clasificados terán que superar tres roldas para lograr o ascenso.
Exit mobile version