A Escola de Fútbol Feminina Rosalía firma á centrocampista Fara para as próximas dúas tempadas

A ourensá estivo a piques de recalar a pasada tempada no club pero ata este verán non foi posible.

A Escuela de Fútbol Femenina Rosalía e a centrocampista Fara Antolin (Ourense, 2005) chegaron a un acordo para que a futbolista vista a camiseta azul durante as dúas próximas tempadas. A ourensana aterra no conxunto pontino logo da súa última etapa defendendo os intereses da AD Bosco en fútbol.

Ademais de no club salesiano, Fara militou noutros equipos da súa cidade como Maristas e Cidade das Burgas de Fútbol Sala. Destacar que a centrocampista formou parte da selección galega sub-15 de fútbol e da española sub-19 de fútbol sala.

Fara Antolin foi presentada como novo xogadora da Escuela de Fútbol Femenina Rosalía nun acto que tivo lugar na sede do club e arrincou cunha palabras de benvida do presidente Mario Gómez: “Hoxe o noso club vai dar a benvida a unha xoven xogadora ourensá que creo firmemente vai demostrar o seu talento, a súa forza e o seu espírito de superación. Os nosos seguidores sei que van recibir con emoción a chegada desta futbolista que seguro vai defender a partir de hoxe o escudo do equipo de fútbol da súa cidade e esperemos que co teu esforzo e sacrificio formes parte da historia con éxitos deportivos nos próximos anos”.

A nova xogadora azul mostrouse moi feliz de firmar pola EFF Rosalía.

Firma de contrato
Despois do acto de presentación, Fara rubricou o seu novo contrato por dúas tempadas acompañado por Mario Gómez e José Antonio Vázquez. Trala firma, a nova xogadora azul realizou as súas primeiras declaracións aos medios oficiais do club: “asinar polo Rosalía vai ser algo distinto na miña carreira deportiva. Eu veño de xogar ao fútbol con mozos e creo que é unha oportunidade para mellorar e seguir traballando gozando desta nova experiencia”.

Un reforzo que dende a parcela deportiva destacan como “moi importante xa que a nivel deportivo creemos nos pode sumar esa pizca de calidade diferencial que precisamos para poder lograr o noso obxectivo principal que non é otro que o ascenso. Ademáis esperamos que o Rosalía só sexa un trampolín para Fara na cal temos postas moitas esperanzas para que nun futuro poda xogar en categorías superiores e poda levarse un bo recordo do seu paso polo noso club”.

Desde a EFF Rosalía desexámoslle toda a sorte do mundo na súa nova etapa como azul.

Check Also

Rosalía-Praiña: a pola terceira vitoria seguida

O noso equipo, que encadea dúas vitorias seguidas, busca seguir o refacho no Municipal de …

Skip to content