Site icon E.F.F. Rosalia

A “Maxia” de Alba Rodríguez seguirá brillando na EFF Rosalía tras renovar co conxunto azul


A Escola de Fútbol Feminino Rosalía renovou por unha tempada máis á xogadora Alba Rodríguez para que esta próxima campaña de novo forme parte integrante do primeiro plantel.

A xogadora de Ourense, unha dos fundadores dá EFF Rosalía e tras pasar practicamente toda a súa vida deportiva enrolada no fútbol autonómico, demostrou dende a primeira tempada que a “maxia” do seu xogo brilla con forza, dado o estilismo que destila a do barrio da Milagrosa.

A gran visión de xogo de Alba, súa técnica depurada, os seus pases filtrados e varias asistencias de xogadora top, gañaron o corazón da afección e da prensa local, que pronto a alcumaron como ” PlayStation”.

Alba coincidiu cunha das suas pupilas no debut no equipo senior.

Non foi fácil conseguir que a centrocampista renovase, desde o final da tempada 2019/20, ao xogadora gardou silencio para hai unhas semanas soltar a bomba na prensa nacional. Un burofax chegaba ás oficinas da EFF Rosalía na que Alba solicitaba irse. A partir dese momento, o presidente non deu o seu brazo a torcer e en todo momento afirmou que Alba seguiría aínda un ano máis, como mínimo. A pasada semana, en declaracións exclusivas a PalcOU Vip, Alba explicou os seus motivos. A continuación un extracto da entrevista:

Por que lle dixeches ao Rosalía que te podías ir.
“Díxenlle ao club e sobre todo ao presidente que me quería ir porque llo veño dicindo todo o ano, porque cría que xa era o momento de dar un paso ao costado, que o club necesita xente nova e que para a min terminouse a miña etapa no Rosalía e sentíndoo moitísimo porque sempre dixen que o que máis quería era terminar a miña carreira no club pero a verdade foi un ano moi complicado, sufrín moito dentro dos adestramentos, dos partidos, do vestiario. Fíxoseme moi difícil todo iso e levoume a plantarme a miña marcha do club buscando novos obxectivos, novos aires e unha experiencia nova para min. Non vén por mor de non clasificarnos para a loita polo ascenso, que doeu moito, era unha decisión que a viña estudando e meditando todo o ano e víñallo comentando ao presidente e o presidente sempre dixo que eu ao final de tempada podía decidir se me podía ir ou me podía quedar e ao final non terminou cumprindo coa súa palabra”

Qué foi o que máis che doeu do que se dixo de ti.
“Un pouco de todo, das amigas, de que tomo decisións e que prefiro o diñeiro. Sempre antepuxen o club en toda a miña carreira, esta é a miña casa e que era moi difícil que me fose de aquí. Custoume moitísimo tomar a decisión de querer irme, sempre dixen que quería un proxecto gañador e hai tempo que se van facendo malabares, tapando buracos a medida que van pasando as cousas”.

“Eu nunca iría a xuízo contra o club que amo, o que me deu todo, axudoume desde que cheguei. Nunca se me pasou pola cabeza ir a xuízo para saír”.

Unha vez rematada a polémica Alba, no acto de renovación e despois da sesión fotográfica, mudaba ou suavizaba un pouco o seu discurso ao falar para a web do club: “Para min é un pracer formar parte dun club onde a prioridade son cada unha das nenas que forman parte del”, comentou inicialmente.

“Esta tempada faime especial ilusión polo plantexamento que temos dende todo o club con novos obxectivos máis competitivos e porque chegan ao primeiro equipo nenas que adestrei en outras categorías, como Lidia e Marta Montes”.

Preguntada pola tempada pasada, Alba indicounos: “A nivel individual foi complicada xa que en ningún momento fun capaz de estar ben físicamente e a nivel colectivo estou contenta, xa que a idea era facer equipo e que as rapazas melloraran o seu nivel futbolístico, o cal teremos que aproveitalo esta tempada”.

O presidente Mario Gómez, preguntado pola polémica renovación de Alba declarou: “É certo que tivemos algún momento de tensión nas negociacións pero a ninguén da xunta directiva, á que por certo pertence Alba Rodríguez, tivemos ningunha duda de que Alba seguiría vestindo de azul. Ela é un referente dentro e fora do campo para todas as nenas e é normal que teña ofertas, pero esta é a súa casa”.

Exit mobile version