A pola cuarta vitoria consecutiva

A Escuela de Fútbol Femenina Rosalía visita ao Lóstrego co obxectivo de sumar os tres puntos e seguir liderando a Liga (12:00 h, domingo).

O calendario non dá tregua á Escuela de Fútbol Femenina Rosalía, e sete días logo da goleada fronte ao Peñasco, Chaín abrirá as súas portas para recibir ás pontinas na sétima xornada de Liga (12:00 h, domingo). O obxectivo do conxunto de Saa é sumar unha nova vitoria que lle permita seguiren o primeiro posto da clasificación. Sería a cuarta consecutiva tras vencer a Valladares, Balaidos e Peñasco.

O bo xogo ofensivo do equipo no último partido ten que ser un dos acenos de identidade dun Rosalía que xa promedia 3,6 goles por encontro de Liga. Grazas, en gran parte, a Zaira, Noui e Ana. As dianteiras levan 14 dos 22 tantos en Liga.

“O reto é mellorar no xogo e seguir na liña ascendente dos últimos partidos, nos que o equipo por momentos está mostrando unha boa imaxe”, dixo Saa na roda de prensa previa ao encontro. Fara, María e o debut de Matilde están na convocatoria de 16 xogadoras que deu o técnico catalán para este partido contra todo un equipo que ten por obxectivo subir de categoría.

CONVOCATORIA EFF ROSALÍA
Porteira: Rocío.
Defensas: Noa Domínguez, Isis, Laura Añón, Matilde e Sabela.
Centrocampistas: Noa Fírvida, Aldarita, Ainara, María, Patricia, Lidia e Fara.
Dianteiras: Zaira, Noui e Ana.

Duelo de altura
O Lóstrego comezou a tempada cunha serie de dúas vitorias ante Valladares e Balaidos, empate na súa visita ao Peñasco e volta a outra racha de dúas vitorias ante Porriño Industrial e Gondomar antes de ter xornada de descanso, motivo polo que as gondomaresas baixaron ao terceiro posto da táboa. As de Andrés Moreiras situáronse na zona alta da táboa con 13 puntos e son, xunto ao Mos “B”, os dous equipos que quedan invictos na competición. Ademais, Emma marcou 5 goles en cinco partidos.

Check Also

Vitoria ‘C’-Rosalía: a pola segunda vitoria seguida

O noso equipo, que encadea dez xornadas sen perder, busca seguir o refacho no Santa …

Skip to content