A pola primeira vitoria en casa

A Escola de Fútbol Feminina Rosalía Cadete enfróntase a Sporting Club San Mateo no duelo correspondente á 4ª xornada da liga Galega Cadete.

A liga non para! E esta tarde (sábado 18:00 horas), a Escola de Fútbol Feminina Rosalía Cadete enfróntase ao Sporting Club San Mateo no Municipal de Oira na 4ª xornada de liga.

O conxunto pontino chega a este partido tras conseguir un punto de mérito no Municipal de Oira (1-1) ante Mos no seu único partido ata a data en casa. Sen dúbida, espérase un duelo interesante, sobre todo para o técnico azul, que está a traballar duro para que as súas xogadoras cheguen nas mellores condicións ao duelo.

Pola súa banda, SpC San Mateo aterra na Ponte no seu primeiro partido a domicilio no que transcorre de Liga, posto que os tres primeiros foron en O Cruceiro cun balance de tres derrotas.

O duelo estará dirixido por Zeus Gómez Míguez, do colexio de árbitros de Ourense.

Check Also

O Azul dobrega ao Amarelo no derbi da Liga Cadete

Nun derbi vibrante, con gran ambiente nas bancadas, os goles de Xiana serviron para levarse …

Skip to content