A pola quinta vitoria consecutiva en Liga

A Escola de Fútbol Feminina Rosalía busca ante o Guardesa seguir co seu bo inicio de tempada (12:00 h; domingo).

A Escola de Fútbol Feminina Rosalía afronta un nuevo partido de Liga en casa. O noso equipo recibe á Unión Guardesa (12:00 h; Municipal de Oira) co obxectivo de encadear o seu quinto triunfo e sumar tres nuevo puntos para seguir arriba na clasificación. Dar continuidade ao brillante inicio da tempada é o obxectivo do conxunto adestrado por Pere Tobaruela (4 vitorias no inicio da competición).

Tras unha semana sen competición e vencer a Pontellas na súa ultimo partido en Oira, o noso equipo tentará sumar o seu terceiro triunfo en casa. Este será o primeiro partido entre ambos os conxuntos en toda a súa historia. Guardesa chega á cita tras vencer no seu único partido a domicilio a Vilariño e caer ante Lóstrego ‘B’.

“Vinas moi ben, super motivadas, moi intensas e estou contento, pero espero que todas estas boas sensacións sexamos capaces de trasladalas ao partido do domingo”, dixo o técnico catalán na rolda de prensa previa ao partido. Tobaruela non contará con Silvia Sampayo nin Sara Rodríguez, pero si con Silvia Chao, que está nun gran estado de forma tras marcar en tres dos catro partidos (Gondomar, Balaidos e Vilariño). Ademais, a dianteira é cuarta na táboa de goleadoras con 1,25 goles por partido.

Chao, autora de cinco dianas en Liga.

CONVOCATORIA EFF ROSALÍA

Porteiras: Rocío e Valeria.
Defensas: Laura, Lú, Sabela, Noa e Feijóo.
Centrocampistas: Ester, Candela, Aldarita, Bonjoch e Aroa.
Dianteiras: Zaira, Noui, Vicky e Chao.

Guardesa
O equipo pontevedrés comezou a xornada noveno con 3 puntos. As súas xogadoras máis destacadas cara gol son Loreto e Daniela.

Check Also

Vitoria ‘C’-Rosalía: a pola segunda vitoria seguida

O noso equipo, que encadea dez xornadas sen perder, busca seguir o refacho no Santa …

Skip to content