A pola sexta vitoria en Liga

O noso equipo busca volver á senda dos triunfos despois da derrota fronte a Lótrego ‘B’.

A Escola de Fútbol Feminina Rosalía regresa á competición tras a xornada de descanso da fin de semana pasada. O noso equipo volve a escena 14 días despois do seu último partido oficial e buscará dar continuidade ao pleno de triunfos do cinco primeiros partidos para seguir na loita polos primeiros postos da clasificación. En fronte estará Ponteareas, que visita o Municipal de Oira na sétima xornada do campionato (12:00 h, domingo).

O obxectivo é prolongar o espectacular inicio de tempada que están a asinar as de Tobaruela, que gañaron cinco dos seis partidos oficiais xogados ata a data (tres vitorias en casa e dúas a domicilio). O encontro de mañá dará ademais final a un mes de novembro no que a Escola de Fútbol Feminina Rosalía disputou soamente dous partidos.

“Creo que os paróns non van ben. Cando colles a dinámica do xogo o interesenta é xogar cada fin de semana e noto, sobretodo na concentración, perdes a concentración e hai que volver a coller o ritmo pero é o que hai”, indicou Tobaruela na conferencia de prensa previa. O técnico catalán convoca a estas xogadoras para o duelo fronte a Ponteareas. Entre elas non están Feijóo, Valeira e Candela Bouzas, pero si Matilde, Ester e Noa.

CONVOCATORIA EFF ROSALÍA
Porteira: Rocío.
Defensas: Matilde, Laura, Lú, Sabela, Noa e Yadira.
Centrocampistas: Ester, Aldarita, Bonjoch, Aroa e Fara.
Dianteiras: Vicky, Zaira, Chao e Noui.

A defensa volve a unha convocatoria un mes despois.

O rival
Ponteareas non está a asinar un bo inicio de campionato. Sitúase doceavo na clasificación ao comezo desta sétima xornada, cun balance de cero triunfos e sete derrotas. Dolores Martínez é a súa máxima goleadora con 3 tantos (1 deles de penalti), marcando todos os goles do equipo ata a data.

Check Also

Rosalía-Praiña: a pola terceira vitoria seguida

O noso equipo, que encadea dúas vitorias seguidas, busca seguir o refacho no Municipal de …

Skip to content