A Escola de Fútbol Feminina Rosalía afronta en casa a xornada 15 (12.00 h; Municipal de Oira).
O calendario non dá tregua. Tras lograr o pasado domingo a vitoria no primeiro encontro da segundo volta, a Escola de Fútbol Feminina Rosalía recibe mañá no Municipal de Oira para enfrontarse ao Balaidos na xornada 15 de Liga (12.00). As de Tobaruela continúan o pulso polo liderado da competición que manteñen co Lóstrego ‘B’. O noso equipo está a 3 puntos das gondomaresas, que reciben mañá ao Pontellas.
Será o segundo partido dun ano que arrincou da mesma maneira que a primeira volta. As nosas disputarán tan só dous encontros no recentemente comezado mes de febreiro. A seguinte cita será ante o terceiro clasificado, que se disputa a semana que vén no San Campio-2 do Porriño fronte ao Pontellas.
“Balaidos é un equipo correoso, as xogadoras buscan moito o contacto, desprazamento de balón, ten diante una xogadora corpulenta que corre moito e non podes ter descuidos, pero iso pasa en todos os partidos”, sinalou Tobaruela na rolda de prensa previa ao encontro. O técnico catalán citou a estas futbolistas para tentar sumar a décimo cuarta vitoria en Liga. Para logralo, o noso equipo tratará de dar continuidade ao acerto goleador que lle permitiu ver porta nos seis partidos oficiais disputados esta tempada en casa con balance goleador de 5 tantos a favor por partido e cero en contra.
CONVOCATORIA EFF ROSALÍA
Porteiras: Rocío e Valeria.
Defensas: Laura, Matilde, Lú, Silvia Sampayo e Noa.
Centrocampistas: Aldarita, Bonjoch, Sabela, Candela e Victoria.
Dianteiras: Chao, Noui, Zaira e Vicky.
O rival
En fronte estará o Balaidos, que esta semana empeza a xornada na decimoprimera posición. En Liga, enlaza catro derrotas consecutivas, cun balance xeral de 2 vitorias, 0 empates e 11 derrotas. Abigail Gonzales, con 4 tantos, é a súa máxima goleadora no campionato e autora do gol das nosas rivais no partido da primeira volta.
A décimo quinta xornada do Sub-Grupo V dará comezo para as pontinas ás 12.00 horas deste domingo no Municipal de Oira, coa arbitraxe do colexiado Borja Cardoso Rodríguez do Comité Técnico de Árbitros de Ourense.