Site icon E.F.F. Rosalia

¡A por un ilusionante derbi!

A EFF Rosalía Promesas ‘Azul’ enfróntase ás Promesas ‘Amarelo’ na xornada 8 da liga Galega Promesas.

Tras adiar o partido a pasada fin de semana, volve a Liga Galega Promesas cun partido máis que ilusionante: o duelo Promesas ‘Azul’Promesas ‘Amarelo’. Este ano, os dous derbis femininos dispútanse no campo de fútbol-8 do Municipal de Oira (xoves 8 de decembro ás 12:00 horas) ante a afección pontina que estará a animar ás súas desde o inicio de partido. Con este partido, ambos os equipos comezan a segunda volta de competición, nun partido que se espera igualado despois do empate a cero goles na xornada 1.

A Escola de Fútbol Feminina Rosalía ‘Azul’ chega a este partido tras ter xornada de descanso. Despois dos últimos duelos, as ‘azuis’ están a conseguir máis estabilidade, situándose en 4ª posición da táboa.

Pola súa banda, as Promesas ‘Amarelo’ chega dous postos máis abaixo, sendo 6º e conseguindo un empate nos últimos 5 partidos.

O duelo estará dirixido polo colexiado José Manuel Pérez Argos, do comité ourensán.

Exit mobile version