A recuperar sensacións fronte ao Valladares

O conxunto de Diego Castro mídese ao actual sexto clasificado, que non coñece o sabor da vitoria a domicilio.

A Escuela de Fútbol Femenina Rosalía recibe este sábado ao Club Deportivo Valladares. As adestradas por Diego Castro, que veñen do parón pola xornada de descanso, regresan ao campo de Ou Seixo para buscar reencontrarse de novo coa vitoria. Neste caso, en fronte estará un plantel que aínda non puntuou a domicilio como é o equipo de Fermín Alonso, que pese a disputarse catro xornadas, sumou 3 puntos no que se leva transcorrido de competición, logrados en casa tras vencer ao Tomiño na segunda xornada.

“As mozas están con moitas ganas de volver competir”

Diego Castro, adestrador da EFF Rosalía Infantil

No caso das azuis, chegan á cita co desexo de poder mostrarse coa solidez que mostrou na primeira cita como local, aínda sabendo de que a empresa non será tan fácil fronte a un equipo que seguro quererá sumar os seus primeiros puntos lonxe da Gándara. Así se refería o técnico ourensano no seu habitual comparecencia previa: “As mozas están con moitas ganas de volver competir logo destas dúas semanas de adestramento e do mal sabor de boca que nos deixou o partido contra o Lóstrego”.

Para este encontro, Castro citou a 16 futbolistas. Así, a lista completa fórmana:

Porteira: Aldara
Defensas: Candela Currás, Miriam, Lucía Novoa, Aline, Aitana e Ainara.
Centrocampistas: Xiana Carballo, Nair, Alma, Sara, Sofía
Dianteiras: Antía, Victoria, Candela Losada, Candela Sanmiguel

A cita dará comezo a partir das 11.00 horas no Municipal de O Seixo (Santa Cruz de Arrabaldo) co arbitraxe da colegiada ourensana Selina Álvarez Branco.

Check Also

O Infantil firma os primeiros tres puntos

Victoria logra o gol que suma os primeiros tres puntos nun partido no que as …

Skip to content

Si continuas utilizando este sitio aceptas el uso de cookies. más información

Los ajustes de cookies de esta web están configurados para "permitir cookies" y así ofrecerte la mejor experiencia de navegación posible. Si sigues utilizando esta web sin cambiar tus ajustes de cookies o haces clic en "Aceptar" estarás dando tu consentimiento a esto.

Cerrar