A temporada remata coas finais da Copa Deputación nas categorías base

A EFF Rosalía será protagonista con tres dos catro clubs representantes.

O curso futbolístico 2023/24 termina para a Escola de Fútbol Feminino Rosalía coa disputa das finais da Copa Deputación Futfem Base de Ourense. O noso club será protagonista ao estar representado con tres dos catro equipos representantes nas finais Cadete e Alevín.

O campo municipal de “Os Carrís” de Barbadás será testemuña, na tarde do domingo, da final Cadete entre o noso cadete ‘Azul‘ fronte ao ‘Aamarelo‘ (19:00h). Antes, a Escola de Fútbol Feminino Rosalía Alevín medirase á Escola Deportiva Calasancio CF na final en categoría alevín (17:30h).

O fútbol feminino de Ourense está de fiesta e, despois de voltar a disputarse a final en categoría sénior, o turno pasa á base. A Valenzá é o lugar elixido pola Delegación da Real Federación Galega de Fútbol en Ourense, dende o club animamos a todos os siadeiros a que as gradas de Os Carrís tínganse de azul e animen aos equipos en xogo.

Check Also

Fin de semana Liga Cadete

Vitoria do Cadete ‘Amarelo’ e derrota do Cadete ‘Azul’.Nova fin de semana con partidos oficiais …

Skip to content