A EFF Rosalía infantil gaña ante o Umia CF con seis goleadoras diferentes.
A Bouza foi un territorio favorable para a EFF Rosalía, que na sua primeira visita co equipo infantil logrou unha amplia victoria logrando a terceira victoria da tempada.
A pesar de costarlle entrar no partido as xogadoras de Alba Rodríguez, o Umia estaba ben situado en defensa e as ocasións non chegaron ata que no minuto 40, xusto antes do descanso, Ester entra na área, encara a Sara Otero, que a derriba cometendo penalti. Candela Bouzas é a encargada de materializar a pena máxima e colocar o 0-1, resultado co que remata a primeira metade.
Despois das instruccións nos vestiarios de Alba Rodríguez e Alex Fernández as azuis sairon moito máis enchufadas e con máis gañas. As ourensanas empezaron a xogar con máis ritmo e tiveron moitas máis ideas en ataque que se convertiron en goles. Lidia (55’), Xiana (57’), Nerea (62’), Cloe (65’) e Nair (74’) facían os goles na segunda metade para voltar a senda do triunfo despois da derrota da semana pasada fronte o Victoria da Coruña.
Destacar o bo trato recibido en todo momento polos responsables do Umia CF durante o partido e o finalizar, xa que compartieron ambos equipos una comida de amizade.