Acordo para a renovación de Noa Fírvida

A futbolista, que acababa contrato o 30 de xuño, seguirá de azul a próxima tempada.

A Escuela de Fútbol Femenina Rosalía chegou a un acordo, pendente de firma, para a renovación de Noa Fírvida. A futbolista acababa o seu contrato o 30 de xuño. Deste xeito, a centrocampista continuará polo menos unha tempada máis, ata o 30 de xuño de 2022. Será a sua 3ª tempada no primeiro equipo do Rosalía.

O acordo chegou nada mais terminar a campaña pasada debido á intención, por ambas partes, da continuidade da ourensana. “Dende ou primeiro día encontreime cómoda e creamos un grupo moi unido, ademais é un orgullo pertencer ao único clube que aposta polo fútbol feminino na provincia”, afirmou Noa aos medios do club.

A centrocampista, do mesmo xeito que moitas das súas compañeiras, móstrase contenta por seguir no club e con ganas de lograr retos máis altos esta tempada: “O ano pasado o equipo competiu a moi bo nivel, que seguro que melloraremos nesta tempada, intentando lograr o ascenso”.

A tempada pasada, a ourensá, xogou un total de 8 partidos, saíndo de inicio en seis e marcando un gol.

Check Also

Vitoria ‘C’-Rosalía: a pola segunda vitoria seguida

O noso equipo, que encadea dez xornadas sen perder, busca seguir o refacho no Santa …

Skip to content