Ana Seguín, primeira fichaxe da EFF Rosalía para a próxima tempada

“Benvida ao club da túa cidade e onde querías xogar, benvida á túa nova casa”, declarou o presidente Mario Gómez no acto de presentación.

Ana Seguín foi presentada como nova xogadora da Escuela de Fútbol, Femenina Rosalía. O acto tivo lugar na sede do club e arrincou cunhas palabras de benvida á polivalente xogadora. “Sempre que chegan ao noso club grandes xogadoras de fútbol, os pontinos vivimos un momento de emocións especiais. Hoxe damos a bienvenida a unha destas grandes xogadoras que queren vestir a camiseta da Escuela de Fútbol Femenina Rosalía. Unha xogadora que sei que hoxe está vivindo un día moi especial”, afirmou el presidente.

Seguín mostrouse moi feliz á hora de asinar pola EFF Rosalía.

O noso club chegou a un acordo con Ana Seguín (Ourense, 2004) para a próxima tempada, é dicir, ata o 30 de xuño de 2022. A futbolista ourensana aterra no primeiro equipo feminino azul logo de pasarse o ultimo ano como futbolista en EEUU.

Os primeiros pasos da defensa e centrocampista foron no equipo de fútbol sala do Colexio Carmelitas de Ourense e xa na tempada 2017/18 incorporouse ás filas do Cidade das Burgas. No equipo verde xogou tres tempadas para emigrar a EEUU e enrolarse nas filas do Rockford Rams de Michigan, onde xogou a Midwest Primavera.

No palmarés de Ana Seguín locen os campionatos de Liga e Copa provinciales co consiguiente ascenso a autonómica co Cidade das Burgas e a pasada campaña a Liga de outono no Rockford Rams de Michigan.

Unha vez rematado o acto protocolario, a nova xogadora atendeu aos medios do club e aclarou as motivacións que a fixeron ser nova xogadora azul: “Ao chegar de EEUU quería seguir rogando a fútbol e xa coñecía ao Rosalía por xente que me falou del moi ben do club. Todo esto fixo que me decidira por informarme e fichar”

Características
“Como xogadora, a miña maior virtude é o meu tiro, son boa no corpo a corpo e por alto. Podo aportar ao equipo goles e tranquilidade no medio campo. Considérome, ademais, rápida de xogo á hora de facer pases”

Fútbol en USA
“O fútbol feminino en EEUU é moi competitivo e moi físico, xa que nos preparan para esa tempada moito. É unha tempada moi curta (tres meses) onde se xogan 2/3 partidos por semana e hai veces que non podes pensar nun partido malo, sempre hay que mirar adiante e seguir loitando”.

Check Also

Vitoria ‘C’-Rosalía: a pola segunda vitoria seguida

O noso equipo, que encadea dez xornadas sen perder, busca seguir o refacho no Santa …

Skip to content