Arenteiro-Rosalía: ¡A Copa é nosa!

A quenda de penaltis outorga a 1ª Copa Deputación nunha final espectacular no Couto.

¡Si, a Copa xa está aquí! Somos campioas! A Escola de Fútbol Feminino Rosalía impúxose por 3-4 na quenda de penaltis ao Arenteiro nunha final que foi moi igualada, con dous goles na segunda metade, e decidida finalmente cos goles de Zaira, Karla, Noui e Bonjoch na quenda de penaltis. Antes, Noui adiantara ás azuis, empatando Sara catro minutos despois.

Arenteiro entrou a por todas á final. No minuto 4 xa avisara cunha primeira aproximación de María e no 8, novamente coa mesma protagonista, cun remate que bloca Karla. Acto seguido, a resposta do noso equipo cun remate de cabeza de Aldarita desviado. Seguiron outras dúas chegadas en senllos disparos desde fóra da área de Aldarita e Bonjoch. Sara Fernández, a xogadora máis perigosa das caraballinesas, a punto estivo de adiantar ao seu equipo tras unha boa xogada que Karla despexa. A primeira metade termina cun remate de Miriam pegado ao pau.

Ambos os equipos foron a por todas na segunda metade. Na primeira chegada con perigo, Noui plántase cara a cara con Paula, adiantando ás pontinas aos 54 minutos de xogo. A partir deste intre, o noso nival foi a por o empate e Lidia probou sorte desde balón parado, pero o seu tiro saíu alto. As táboas chegaría desde o punto de penalti nas botas de Sara Fernández. Aínda había tempo para máis. Paula bloca un tiro de Antía nun remate aos 73 minutos e, nos últimos instantes, unha para cada equipo. Zaira non atopa portería tras unha boa xogada de Candela e María, salvando Karla en liña de gol. A sorte estaba botada e os once metros decidían ao campión.

Vitoria dende os once metros
Lucía Expósito anota o primeiro e Zaira empata. Cuque falla o segundo das ‘verdes’, mentres que Karla anota (1-2). Noelia pon as táboas novamente e Noui coloca o 2-3. María mantén a Arenteiro no partido e Bonjoch volve colocar a distancia. Sen opcións ao fallo, Sara Fernández non anota e a Copa cambia de dona. A III Copa Deputación Feminina de Ourense é do Rosalía!.

Check Also

3-1: O senior asina a súa terceira vitoria consecutiva

Os goles de Lú, Clau e Aline dan á EFF Rosalía os últimos tres puntos …

Ir o contido