As de Castro viaxan a Vilagarcía na primeira xornada do campionato (12:00 h Manuel Jiménez Ábalo).
Os bos resultados propiciaron que a Escuela de Fútbol Femenina Rosalía Infantil chegue coas mellores sensacións ao estreo liguero desta tempada. Iso si, non hai que levarse a enganos. O equipo conta con moitas novidades e un novo corpo técnico con novos plans de traballo e todo pode influír ao haber puntos por medio. Será mañá, a partir das 12.00 horas no Manuel Jiménez Ábalo de Vilagarcía (terreo de xogo coñecido para as pontinas), cando as azuis xogarán o primeiro partido oficial da campaña 2021-2022.
Si hai un partido incómodo polo estilo de xogo do rival e o seu campo ese é o Atlético Arousana. O encontro é toda unha incógnita, así como o funcionamento dun equipo que o ano pasado terminou na última posición do Grupo 3º xunto a Vitoria CF “D” e EFF Rosalía. En categorías de canteira, os equipos cambian moito dunha tempada para outra, polo que as referencias dun ano a outro non son válidas, pero o obxectivo é o mesmo, tal como afirmou Castro ao coñecer os rivais desta tempada “O obxectivo non é outro que traballar día a día, asentar uns coñecementos e progresar tanto individual como colectivamente”.
As azuis saben que deben deixar atrás os nervios do primeiro partido de competición pero segundo o técnico “afrontamos o partido con moitas ganas logo de case dous meses de pretemporada. Aínda estamos verdes nalgúns aspectos do xogo pero esperamos dar unha boa imaxe acorde a todo o traballado”.
A convocatoria de 17 xogadoras para o primeiro encontro está conformada por:
- Porteira: Aldara Rivera
- Defensas: Candela Currás, Miriam, Lucía Novoa, Aline, Noa Sanz e Ainara.
- Centrocampistas: Alma, Xiana Carballo, Nair, Lucía Torres e Sara.
- Dianteiras: Candela Losada, Zaira, Victoria e Antía.