Site icon E.F.F. Rosalia

As máis pequenas evolucionan progresadamente

Nova xornada de compromisos oficiais para os equipos da canteira.

As pequeñas da EFF Rosalía voltaban ao Monte da Aira para disputar a terceira xornada na categoría promesas, nun mediodía soleado recibíamos a visita do Tomiño e do Umia.

A EFF Rosalía Promesas tiña como rival ao Tomiño, equipo de recente creación que ten unhas xogadoras moi noviñas, o partido foi moi desigual pero as rapazas do Tomiño con ilusión e traballo seguro que na segunda volta lle dan moitos problemas ao equipo de Juanma. Clubes como o Tomiño son un exemplo de querer facer ben as cousas con traballo e humildade.

A EFF Rosalía Promesas “B” afrontaba seu partido como unha nova lección de aprendizaxe. O Umia CF, escuadra que xa ten experiencia na categoría iba a medir as evolucións das máis pequenas, equipo que contaba coas baixas de Nicole e Noa, duas das xogadoras de maior idade do equipo. O partido apuntaba a ser moi desigualado a favor do Umia pero nada de eso, as pequenas comezan a perder o medo e plantáronlle moita cara as Vikingas de Barrantes que non desequilibraron o marcador ata ben avanzada a segunda metade. Grandísimo traballo das nosas peques que pelexaron como campionas e comezan a competir os partidos. O traballo semanal de Cae e Feijoó comézase a reflexar no verde e pronto chegará a recompensa en forma de resultado.

A seguir pequenas!!!

Exit mobile version