As promesas continuan adestrando

As nosas pequenas da liga promesas continuan cos seus adestramentos no Campo de Salesianos tres días por semana.

Este ano ante o tremendo éxito da nosa iniciativa contamos con 25 xogadoras de entre 8 e 10 anos, o que nos fixo inscribir dous equipos na recién creada competición.

O día 1 de outubro, despois de que a Federación Galega ampliara duas semanas o prazo, termina o turno de inscripcións de equipos (ata o momento 16) e o 4 de outubro está prevista unha reunión en Santiago na que se nos informará do formato de competición.

Os equipos inscritos ata o día de hoxe son:

ZONA NORTE (7 equipos):
Betanzos CF – Orzán SD – Bergantiños CF – Victoria FC – SCD Pastoriza – SCD Milagrosa – SD Antas.

ZONA SUR (9 equipos):
Viajes Interrías FF – Umia CF – At. Arousana – UD Mos – SC San Mateo – CD Valladares – CD Choco – EFF Rosalía “A” – EFF Rosalía “B”.

 

Check Also

Fin de semana Liga Cadete

Vitoria do Cadete ‘Amarelo’ e derrota do Cadete ‘Azul’.Nova fin de semana con partidos oficiais …

Skip to content