As senior dirixidas por Iván Canal voltan á competición despois de sufrir a primeira derrota. O xoven plantel do Rosalía viaxa a Cambados para dende as 18:00 do domingo enfrontarse ao Juventud de Cambados, clube situado nos postos de abaixo que virá ca moral alta despois de conquerir o seu primeiro punto na competición no campo das Cercas de Gondomar.
Será a nosa primeira visita ao Pombal pequeño, xa que as nosas rivais a tempada pasada militaban no grupo 3°. Ainda que é un equipo que por agora non destacou moito no apartado ofensivo (leván un só gol a favor), Iván Canal terá que facer cábalas para facer unha liña defensiva competitiva, xa que tras o partido do pasado domingo, non poderá contar co participación de Judith, Cae e Feijóo.
Na derradeira sesión tivo a sua disposición a toda a plantilla a excepción das anteriormente nombradas e Aldarita e Eli. “Temos que ir ós campos a loitar, como estamos facendo ata agora, xa que ningún equipo vainos a regalar nada”, sinalou o técnico das nosas senior.
Estamos seguros de que o público que asista ao Pombal pequeno desfrutará dunha batalla de poder a poder polos 3 puntos que esperamos que veñan no bus para terras ourensanas.
O rival
Club Juventud de Cambados creouse como clube no ano 1963, ainda que a sua sección feminina é de creación máis recente, ano 2016.
O ano pasado militaron no grupo III da 2ª división autonómica feminina terminando a competición no oitavo posto, cun balance de 9 victorias, 3 empates e 14 derrotas, sendo ese mesmo balance como local de 6-2-5.
Este ano non comezou moi ben a competición, xa que colleitou duas derrotas nos seus dous primeiros partidos fronte a SD Noalla e Balaídos, mentres que na pasada xornada empatou a cero goles fronte o Gondomar FB.
Convocatoria
Canal e Juanma Bello convocan a 16 xogadoras para o encontró correspondente á cuarta xornada de competición.
Porteiras: Rocío.
Defensas: Noa Domínguez, Andrea e Isis.
Centrocampistas: Alba, Noa Fírvida, Ainara, Saray, Patricia, Aldarita, Sabela e Yadira.
Dianteiras: Zaira, Isabel, Silvia e Noa Fernández.
Resto da xornada
No resto da xornada destaca por enriba de tódolos encontros o que enfrontarán a Chispa e Pereiró, primeiro e segundo clasificados, no Monte Redondo de Vilanova. Pola parte baixa, San Mateo e Marín intentarán sumar os seus primeiros puntos, algo que terán máis difícil Mosteiro e Ponte Caldelas ao enfrontarse a equipo, teóricamente, superiores.
Os enfrontamentos da cuarta xornada disputaranse íntegramente o domingo:
12:00 SD Chispa vs EDVM Pereiró CF
12:00 CD Mosteiro vs SD Noalla
17:00 SCD Ponte Caldelas vs Balaidos CF
18:00 Juventud de Cambados vs EFF Rosalía
19:00 Racing de Vilariño vs SD Puentearnelas
19:30 CD Bueu vs Gondomar FB
Descansa Umia CF “B”
O partido entre o SpC San Mateo e Marín CF queda aplazado para o 1 de novembro.