Site icon E.F.F. Rosalia

As senior venceron e convenceron ante o Juvenil de Ponteareas

Comezou a segunda volta para o noso equipo senior e comezou dunha boa maneira, vencendo e xogando ben contra o Juvenil de Ponteareas na matinal do domingo no noso feudo do Monte da Aira de Velle. 

Saida dos dous conxuntos

O noso equipo saiu dende o primeiro momento a dominar o partido a través da posesión do balón. As xogadoras visitantes con moitas baixas sufrían para contrarrestar o xogo combinado das nosas xogadoras e a superioridade era notable sobre o verde. Fruto de esa superioridade Zaira cun tiro exterior e Patricia en un par de moi boas xogadas das nosas xogadoras de ataque puxeron o 3-0 co cal nos iríamos ao tempo de lecer. 

Plácido partido para as nosas

Na segunda metade a superioridad continuaba sendo evidente. Cos cambios Isis pasou a xogar no medio deixando a defensa e erixiuse como a xogadora máis determinante da segunda parte, xa que das súas botas sairon as xogadas máis perigosas e incluso dous goles ca perna esquerda, moi festexados pola grada do Rosalía. 

Un dos goles de Isis Sanmartín 

Parón navideño e mini vacacións para o senior que volta ó traballo o 2 de xaneiro ca vista posta en tratar de mellorar os números da primeira volta e tratar de meterse nas oito primeiras prazas que darían dereito a xogar as eliminatorias polo ascenso. 

Exit mobile version