O Promesas ‘A’ disputará a Fase Título, mentres que o ‘B’ queda enrolado no Grupo D2 da Fase Consolación.
A Escuela de Fútbol Femenina Rosalía acabou na cuarta posición do Subgrupo 2 da Liga Galega Promesas e disputará unha segunda fase de competición na que loitará por alcanzar o título. As de Feijóo afrontan un novo formato, no que os catro mellores dos Subgrupos 1 e 2 fusionáronse para formar unha liguilla a dobre volta fronte aos do outro grupo. Os oito equipos empezan cunha puntuación (4,3,2,e 1 ptos) de inicio segundo a súa posición na primeira fase. O Promesas ‘A’, con 1 punto, enfrontarase a ida e volta aos catro conxuntos procedentes do Subgrupo 1: Arzúa, Narón O Freixo, Vitoria CF e Pastoriza. Esta 2ª fase constará de 8 xornadas e logrará o título o equipo que termine con máis puntos.
O calendario da Fase Título xa é coñecido, arrincará o fin de semana do 23/24 de abril. O conxunto de María Feijóo recibirá a Narón O Freixo na primeira xornada o sábado ás 13:00 horas no Municipal de Oira.
PRIMEIRA VOLTA | SEGUNDA VOLTA | PARTIDO |
X. 1 – 23-24 abril | X.5 – 21-22 maio | EFF Rosalía-Narón O Freixo |
X. 2 – 30-1 maio | X.6 – 28-29 maio | Arzúa-EFF Rosalía |
X. 3 – 7-8 maio | X.7 – 4-5 xuño | EFF Rosalía-Pastoriza |
X. 4 – 14-15 maio | X.8 – 11-12 xuño | Victoria CF-EFF Rosalía |
Pola súa banda, a Escuela de Fútbol Femenina Rosalía ‘B’ acabou na novena posición do mesmo Subgrupo que as súas compañeiras e disputará unha segunda fase denominada Título Consolación. As de Javier quedan enroladas no Subgrupo D2 xunto ao sexto, oitavo e décimo do Subgrupo 1 e quinto e noveno do Subgrupo 2 (do que formou parte na 1ª fase). A diferenza dá Fase título, esta constará dunha soa volta que decidirá os dous equipos que disputarán a final nunha sé neutral. O Promesas ‘B’ terá en fronte a: Dumbria, Juventud Cambados, Orzán, San Mateo, Tomiño e Xuventude de Crendes.
O Subgrupo D2 arrincará este fin de semana con xornada de descanso para o equipo dirixido por Javier Alonso e terminará visitando a Xuventude de Crendes o 4/5 de xuño.
XORNADA | PARTIDO |
X.1 – 23-24 abril | Descanso |
X.2 – 30-1 maio | EFF Rosalía ‘B’-Orzán |
X.3 – 7-8 maio | Tomiño-EFF Rosalía ‘B’ |
X.4 – 14-15 maio | EFF Rosalía ‘B’-Dumbria |
X.5 – 21-22 maio | Juventud Cambados-EFF Rosalía ‘B’ |
X.6 – 28-29 maio | EFF Rosalía ‘B’-San Mateo |
X.7 – 4-5 xuño | Xuventude de Crendes-EFF Rosalía ‘B’ |