“Tiña gañas de voltar a Ourense, sabía que cando volverá o Rosalía sería unha opción dende que se creou”, añadiu a xogadora.
Marta Besada deu a súa primeira rolda de prensa como xogadora da EFF Rosalía nada máis rematar a súa presentación oficial. “Tiña gañas de voltar a Ourense, sabía que cando volverá o Rosalía sería unha opción dende que se creou. Entón, este ano xa estou aquí e falei con Miguel e contoume un pouco a idea que tiña e convenceume, sendo un bo ano para voltar a Ourense e en especial ao fútbol feminino ourensán”.
Despois de 5 anos lonxe de Ourense, a nova centrocampista chega “con ilusión porque creo que se poden facer cousas moi chulas, traballar moito e, a verdade, tanto o adestrador como as xogadoras teñen a ilusión e a actitude de traballar e facer cousas importantes o que fai que eu tamén me suba ao barco”.
Características
“Gústame moito o balón, gústame xogar combinando coas compañeiras. Para min o mellor que hai nun partido é dar un bo pase, que as compañeiras xoguen, combinen comigo porque considero que co balón me defendo moi ben”.
Competencia con Alba
“Con Alba xa xoguei algún anos, non coincidíamos na mesma posición porque eu xogaba máis arriba, tamén estaba empezando e non sabía moi ben por onde moverme pero a verdade é que tiña moito entendemento con ela, xa nos adestramentos, nos partidos, xogamos parecido, gústanos o mesmo e temos un pensamento á hora de xogar moi parecido. Eu pensó que somos compatibles, xa xogamos xuntas e temos as mesmas ideas, así que quitarlle o posto, non sei, porque Alba é unha referente no medio, ten moita calidade pero hai que ter unha competitividade san, que ben seguro a haberá”.
Novas compañeiras
“Coñezo a algunhas, Isis, Cae e a algunhas de coincidir con elas na pretempada pasada e a verdade parécenme moi boas xogadoras, con moita progresión, por iso estou con moita confianza porque pode haber moita progresión e moitas posibilidades de ter un equipo que xogue”.
Grandes metas cara a nova tempada
“Sen dúbida. A min o plantexamento que ten Miguel ou o club paréceme moi acertado. Creo que xa está nunha etapa que pode dar ese salto madurativo para poder loitar por ascender, facerse un oco en Galicia e pensó que me apetece moito aportar todo o que poida coa miña experiencia”.
O club
“Dende o inicio sabía da posibilidade deste proxecto e a verdade que a min faime moita ilusión que se apostase por un equipo 100% feminino, moi galego e obviamente despois dun baleiro case histórico ao non haber en Ourense escola feminina de fútbol, soamente de fútbol-sala e cando souben da noticia estiven de acordo completamente”.