Canal: “Considero que neste partido fixémoslles máis dano que na primeira volta”

Canal compareceu ante os medios de comunicación na sala de prensa do Monte Redondo tras a derrota ante o Chispa. O técnico valorou o encontro: “Partido dominado polo Chispa exceptuando os 20 primeiros minutosda segunda parte nos que tivemos 6 ocasións de gol, duas moi claras man a man coa porteira, pero os erros en defensa séguennos lastrando. Ainda así estou moi contento polo seu esforzó das xogadoras ante un rival moi potente”.

“O rival foi superior fisicamente, tecnicamente e tacticamente. Só podo felicitalas porque fan bo fútbol e foron mellores, hai que acéptalo”.

Diferencias coa primeira volta
“Cambio que viñamos de facer un mes de pretempada e tiñamos máis ritmo, cometemos máis erros neste partido tamén condicionado porque os equipos van mellorando e compiten mellor. O Chispa non é o mesmo da primeira volta, de todos os xeitos o resultado é anecdótico porque considero que neste partido fixémoslles máis dano, mesmo podendo meterlles dous goles máis que fallamos man a man coa porteira”

Erros defensivos
Os erros defensivos van ser moi difíciles de corrixir. Necesitamos moito tempo e as xogadoras con dúas diasá semana non lles chega. Hai que traballar tantas cousas que en 180 minutossemanais non chegan. Teñen que estar máis concentradas nos partidos para evitar erros graves e do resto todo leva tempo”.

Noui
“Noui non foi convocada por decisión miña. Ela creo que xa debe saber o motivo e o que ten que facer para volver xogar. Aquí somos todas iguais, a todas esíxolles o mesmo. Cando non se convoca a unha xogadora é porque non o merece xa que cada semana comigo se parte de cero”.

Check Also

Aldara Gonzalez amplía o seu contrato co senior ata 2024

A xunqueirá sumou un ano á súa anterior rúbrica, que a unía a Oira ata …

Skip to content