Canal: Contento polo xogo a pesar de perder”

Noso adestrador compareceu ante os medios de comunicación á finalización do encontro ante o Gondomar F.B.

Á conclusión do duelo que este domingo mediunos ao Godomar FB, Iván Canal analizou as claves do partido disputado no Campo de As Cercas: “Partido ben xogado dentro das nosas posibilidades tras a lesión de Zaira nos minutos iniciais, xa que é a única dianteira pura que temos e sumado as baixas defensivas, o que nos obligou a que xogadoras como Yadira e Aldara Sequeiros tiveran que ocupar postos defensivos que lle son alleos pero contento polo xogo a pesar de perder”.

“Facendo autocrítica temos que por máis intensidade e cometer menos erros defensivos e de control do balón e errar menos pases”.

Obxetivo 5º posto antes do parón
“O obxectivo do quinto posto está moi difícil, a ver que pasa. Temos que gañar é que pinchen os demais. De todas formas de non alcanzalo non hai que volverse tolo. Hai que ter paciencia”.

Racha negativa
“Estou tranquilo e confío nas rapazas 100%. Agora estamos nunha transición nas que estamos traballando outras cousas para ensinarlle principios defensivos e que comprendan eses contidos. O facer iso hai que deixar outras cousas de lado. Non me preocupa porque estamos no camiño correcto é marcado”.

Lesión de Zaira
“Zaira esperemos que non teña nada grave no ísquio, a ver que pasa despois de que lle fagan as probas os próximos días”.

Erros defensivos
“Si, tivemos un error defensivo no que coma sempre nos lastra. Inflúe as baixas defensivas porque hai xogadoras que non están no seu posto. Estamos intentando corrixir eses erros. Vai levar tempo pero vamos por bo camiño, non teño dubida algunha, cando gañamos non a teño e o perder tampouco”.

Isabel
“A Isabel vina ben dentro das súas posibilidades, ten que por máis intensidade, no demais non a podo presionar, xa que leva uns meses xogando a fútbol once”.

Check Also

Aldara Gonzalez amplía o seu contrato co senior ata 2024

A xunqueirá sumou un ano á súa anterior rúbrica, que a unía a Oira ata …

Skip to content