“Contento polo xogo a pesar de perder o encontro”, dixo o técnico.
Iván Canal compareceu en sala de prensa do Monte da Aira tras a derrota da EFF Rosalía contra o Baladios CF na décimo terceira xornada de Liga: “Partido disputado despregando un bo xogo nosas xogadoras gañando posesión global do partido. Contento polo xogo a pesar de perder o encontró”.
Resultado xusto
“Para min tamén, tal como dixo Tita, o resultado foi xusto. Cometimos máis erros e o que comete menos erros case sempre gaña. Fixemos mellor xogo pero perdimos”.
Erros a balón parado
“Un gol de córner sempre pode pasar. Ademáis non adestramos eses conceptos ainda. O grave e cometer erros adestrados como o segundo gol, así que hai que seguir traballando”.
Opcións de alcalzar os primeiros postos
“A liga ainda non se decidiu e o segundo posto tampouco. Queda moita liga, pero nós temos que centrarnos en mellorar os resultados do ano pasado. De momento estamos cumprindo con ise obxetivo, obxetivo que nos marcamos cas xogadoras en canto a resultados. O maior obxetivo e que melloren individualmente e que comprendan o xogo”.
¿Silvia sinalada?
“O cambio de Silvia e un cambio estratéxico que nunca me gusta facer pero que é necesario para o equipo. Temos moitas xogadoras do mesmo perfil de xogo, hai certas xogadoras que nun determinado partido se as cambias o equipo cede moito en canto ao xogo e poden meterte 2 ou 3 goles nuns minutos. Neste partido faltaba Sabela por entrar, na zona de creación non podíamos cambiar a ninguen por Sabela porque ela xoga de interior e non podíamos metela no medio campo porque se perde. A única opción era cámbiala por outra interior e Yadira estaba xogando moi bo partido, ademáis é unha xogadora que nos minutos finais pode marcar un gol ou desbordar e darche o empate. A única opción era Silvia”.
Pola sua parte, Tita Davila Pérez, adestradora das viguesas explicaba que foi “Un partido duro, o Rosalía ten xente nova que fíxonos correr moitísimo. Quizasnós, polo frío que fixo non entramos nunca en xogo. Estabamos con moito frío, eu as xogadoras non as vin que estaban quentes para xogar un partido desta intensidade”.
Resultado xusto
“Penso que o resultado foi xusto, cometemos fallos, a pesar de non xogar nada hoxe, o frío, un pouco o vento, fíxonos xogar ao patadóncando xogamos máis ao toque, tamén nos xuntamos un pouco máis, ademáis de hoxe estar moi despistadas. Comenteilles no vestiario e estaban conxeladas, a verdade que fai moito frío aquí comparado con Vigo”.
Frío
“O frío prexudicounos a nós e a elas. Quizaselas porque están un pouco máis habituadas. Veñen por lances a balón parado, pero tanto para nós como para elas se o partido fose cun pouquiño máis de calor viuse máis fútbol, pero bo, sacamos adiante o partido”.
Tres puntos pero demasiado castigo
“Levámonos os tres puntos, pero perdemos unha gran xogadora para o próximo partido contra Pereiró, que é un derbi e temos un pouco de rivalidade entre nós”.
Partido clave
“Era un partido crave porque este ano nunca tiven o equipo completo, hoxe vimos aquí sen tres moi boas xogadoras que por problemas de traballo non puideron estar e hoxe notouse moitísimo no centro do campo”.