Canal: “Se gañamos o domingo conseguiremos os mismos puntos co ano pasado”

“Nós temos que seguir na mesma dinámica, o obxectivo é a formación e se perdemos non pasa nada”, añadiu o adestrador.

Iván Canal compareceu na sala de prensa do Monte da Aira ao rematar o derradeiro adestramento da semana da EFF Rosalía. O técnico azul analizou o encontro da xornada 18 de Liga contra o Juventud de Cambados, que se xogará no Monte da Aira (12:00 h; domingo): “O Cambados é un equipo trampa porque na primeira volta íamos perdendo nos primeiros 20 minutos e sorte que ao final da primeira metade metemos un gol e nos metemos un pouco no partido e o remontamos ao final”.

“Non van na Liga, entre comiñas, porque entendo que valorarán a formación e non só os resultados. Temos que ir ao partido como se fose o primeiro da clasificación e intentar gañalo para lograr os tres puntos. Se gañamos o domingo conseguiremos os mesmos puntos que o ano pasado, eran trinta e dous puntos e gañando este domingo conseguiremos os mesmos puntos co ano pasado a final de tempada”

Rival mermado
“Según parece teñen moitas baixas, nós tamén as temos noutros partidos e neste tamén teremos, xa que hai xogadoras lesionadas ou enfermas e iso non debe ser unha escusa”

Comezo segunda volta
“Con respecto a primeira volta só temos un punto menos. Na primeira volta empatamos con Pereiro, gañamos a San Mateo e perdemos co Chispa, logrando catro puntos, nesta temos tres, un punto menos pero tamén xogamos contra dous equipos que van arriba, están mais rodados e técnica e tacticamente están mais feitos. Nós temos que seguir coa mesma dinámica. Repito, o noso obxectivo é a formación, os resultados, se veñen, perfecto, senón non nos imos a voltar tolos. O domingo intentaremos gañalo para que as xogadoras animicamente estean fortes”

Obxectivos
“Os obxectivos ou retos hai que marcalos a curto, medio e longo prazo. Na primeira volta marcamos conseguir dúas vitorias nos primeiros cinco partidos e o conseguimos, despois puxemos o de conseguir 12 puntos nos primeiros dous meses e o conseguimos e no Nadal chegar na quinta posición e o conseguimos tamén. O noso obxectivo o marcamos hoxe venres e seguramente sexa o de intentar loitar polo quinto posto en semana santa. A ver se podemos conseguilo”.

Estado anímico
“Eu as rapazas sempre as vexo ben, algunhas veces animicamente baixas e outras mellor pero sempre lles digo que as veces a última chave é a que abre a porta e hai que seguir loitando ata o final pase o que pase no partido ou pase o que pase na liga. É lei de vida, as veces nos imos atopar con problemas e hai que afrontalos da mellor forma posible e loitando ata o final, sendo esto un dos valores que transmite o fútbol. As veces, cando se perde, están animicamente mal, aínda que nalgúns partidos tivemos mala sorte, inclemencias meteorolóxicas pero non me gusta buscar escusas, se se gaña é porque somos mellores e se perdemos porque fomos peores”.

Baixas na defensa
“A verdade é que nesta tempada na defensa non temos sorte, senón é porque unha xogadora ten que traballar, é porque está enferma, outra porque ten unha lesión nunca tivemos ocasión de contar coas seis nos adestramentos nin nos partidos. Iso tamén nos mingua defensivamente, xa que se estás traballando principios defensivos non están todas e logo non saben os conceptos tácticos para o partido. Agora Andrea está mal dun nocello, Cae, seguramente non poda estar e algunha mais está convalecente dun proceso gripal e haber como están o domingo”.

Check Also

Aldara Gonzalez amplía o seu contrato co senior ata 2024

A xunqueirá sumou un ano á súa anterior rúbrica, que a unía a Oira ata …

Skip to content