Canal: “Se non pos intensidade, calqueira equipo che complica a vida”

“É un equipo que leva cero puntos pero non significa nada e o que temos que facer o domingo é mellorar o xogo destes dous últimos partidos, que non foi bo”, dixo o técnico.

Iván Canal compareceu en sala de prensa do Monte da Aira tralo derradeiro adestramento previo ao partido fronte oa SCD Ponte Caldelas (domingo, 17:00h, A Lama):  “xogamos co Ponte Caldelas, un equipo que non conseguiu ningún punto no que vai de tempada pero non significa nada”.

Rivais
“Como dixen en anteriores ocasións, ningún equipo nos vai a regalar nada, fora da casa estamos sufrindo e levamos dous partidos que non estamos xogando moi ben”.


Mellorar o xogo
“O obxetivo cara o próximo partido ten que ser despregar un bo xogo máis que conseguir os tres puntos, temos que mellorar colectivamente antes de pensar nos tres puntos”.

Evitar a relaxación
“Sempre digo que me causan máis preocupación os partidos que parecen máis sinxelos que os que se presentan máis compricados porque nos compricados as xogadoras tenden a estar máis concentradas e contra equipos que van na parte baixa da clasificación son partidos que me preocupan moito máis que xogar contra o Pereiró ou o Chispa. Levan cero goles pero tampouco significa nada, tamén xogaron contra equipos potentes, eso non significa nada, xa que ao mellor chegamos o domingo e nos meten dous”.

Máis intensidade
“Eu nunca me fio dos equipos ainda que vaian abaixo ou arriba na clasificación, se non pos intensidade calqueira equipo complicache o partido. Temos que pensar que xogamos contra un equipo que non o está facendo relativamente ben, en canto a puntos e resultados, pero eso non significa que vaia a ser un partido sinxelo. Como non poñamos intensidade vannos compricar a vida. Xa o ano pasado nos compricaron e non creo que vaia a ser moi sinxelo. De feito creo que tamén chove o domingo, algo que nós vainos mal”.

Plantel case ao completo
“Aldara segue recuperándose dunha lesión de tobillo e Feijóo segue de baixa polo menos para unhos 15 días, mentres que Judith empezará para a semana a recuperación. Despois do adestramento temos as dúbidas de Isis e Alba, que ata que arranque o autobús non saberemos se poderá estar aptas”

Equipo ben
“Eu véxoas ben, os dous últimos partidos non xogamos moi ben pero falando con elas hai que ver os erros, analizalos e intentar que non se volten a repetir e haber se neste partido podemos facer un partido mellor que nos derradeiros dous”.

Check Also

Presentado o trofeo internacional fútbol feminino de Canedo

Sampayo, Candela e Yuse asistiron ao Pavillón de Os Remedios en representación da EFF Rosalía.No …

Ir o contido