Site icon E.F.F. Rosalia

Canal: “Temos que ir ao partido con gañas, ilusión e senón gañamos tampouco pasa nada”

Rolda de prensa previa xornada 17

Iván Canal compareceu ante os medios de comunicación na sala de prensa da EFF Rosalía na previa ao encontro contra o San Mateo correspondente á décimo sexta xornada de Liga (domingo, 12:00 h, Monte dá Aira). O adestrador do Rosalía dixo: “O San Mateo é un equipo que non empezou ben a Liga, empezou perdendo moitos partidos pero agora está nunha fase de ascenso e resultados”.

“Vai a ser un partido moi complicado porque elas veñen dunha dinámica moi positiva e van seguir con esa mesma dinámica e quedar nos postos de arriba. Eu xa sabía, comparando co resultado final na clasificación do San Mateo a tempada pasada, que este ano ía ser igual”.

Estado anímico
“Non deixamos de pensar que é unha escola pero as rapazas cando perden están amoladas e véñense abaixo. Nós o que queremos é que sigan aprendendo, sigan mellorando e eu xa vexo cousas que me están gustando nas rapazas que traballamos nos adestramentos. O outro partido, a verdade xogamos moi ben, perdeuse pero xogouse ben e vin cousas que se adestraron, que é importante. Neste partido igual, temos que ir ao partido con gañas, ilusión, intentar gañar o partido e senón se gañara tampouco pasa nada, non nos imos a voltar tolos e temos que seguir adestrando, seguir mellorando e que as rapazas adquiran contidos que estamos traballando e os apliquen nos partidos”.

Lesionadas
“Zaira estase recuperando pouco a pouco, o outro día non xogou os 90 minutos porque non quería arriscar con ela e parece que xa está recuperada. Judith parece que xa está tamén recuperada da rodilla porque foi só un susto. Andrea ainda está convaleciente, Cae pode estar e a ver se na liña defensiva podemos contar con case todas esta xornada porque, a verdade, é que levamos unha tempada de lesións que non estamos tendo sorte”.

Alba
“Alba sempre o dixen a coñezo dende fai moitos anos e téñolle un cariño moi especial. Alba é unha xogadora que é un exemplo para as demais. O outro día, para min a expulsión foi moi inxusta, nunca falo dos árbitros pero creo que as dúas tarxetas foron moi excesivas, eu creo que cunha tarxeta era suficiente. Non imos a poder contar con ela, é unha baixa moi importante porque é unha extensión de min e de Juanma no campo porque ela tamén é adestradora e ve o fútbol. É unha xogadora que ademais de animar ao equipo, a veces levas as costas o peso do equipo, axuda e vaise notar a súa baixa moito.

Encaixa moitos goles
“Estivemos traballando durante o nadal os principios defensivos, coberturas, permutas, vixilancias, cómo se debe marcar e están mellorando pero, non sei se é por mala sorte porque, por exemplo o outro día a nivel defensivo fixemos un gran partido pero claro, as outras xogadoras tamén teñen nivel e o outro día Itziar marcounos tres goles, dous imparables dende fora do área e contra iso tampouco podes facer moito. É imposible estar os 90’ sen que te tiren a porta, entón aver se neste partido conseguimos encaixar un ou dous como máximo e nós marcar polo menos tres. O que temos que intentar é que nos marquen 1 ou dos goles por partido como máximo xa que en toda a Liga temos esa dinámica de recibir un gol, dous goles e poucos partidos nos marcaron cero goles e a ver se podemos, polo menos nalgún partido que non nos marquen ningún”.

 

Exit mobile version