Case todos os partidos fóra de casa tócanos remontar, é algo ao que xa nos afixemos

Gañouse con esforzó, como case todos os partidos. Orgulloso das mozas”, dixo o técnico.

Iván Canal analizaba a victoria da EFF Rosalía ante os medios en zona mixta do Municipal de San Pedro: “Case todos os partidos fóra de casa tócanos remontar, é algo ao que xa nos afixemos. Sempre teño que cambiar os sistemas porque sempre pasan cousas que nos lastran na primeira parte. Pero estamos a arriscar e sáenos ben”.

“O partido foi complicado porque rival era moi intenso e con xogadoras de maior rango de idade con respecto ás nosas. Ademáis o campo, debido ás dimensións de anchura, tamén facía difícil xogar ordenadas”

Marcaxe individual a Alba
“Cada un é libre de facer o que queira sempre que non sexa facer dano a unha rival e xogar sucio. Eu non comparto esa idea porque eu preocúpome do meu equipo, céntrome nas miñas xogadoras e non do rival, se estás máis atento ao outro equipo o teu equipo non mellora e se metes a unha xogadora para marcar todo o partido individualmente centraste no resultado e non na aprendizaxe. Esa xogadora dubido que aprendese algo hoxe facendo iso, e dubido que se divertise. Ao final tes que valorar a que lle dás máis importancia, está claro que eu á aprendizaxe”.

Cambios antes do descanso
“Prometinlles ao comezo de tempada ás mozas que nos partidos fóra de casa van xogar 30 minutos como mínimo. Ao facer isto véxome obrigado a facer cambios antes, e de ahí os numerosos sistemas que utilizo para que todas estean cómodas e que o equipo non reduza o seu nivel de xogo. Por iso é polo que teño que facer cambios antes do remate da primeira parte para que todas xoguen 30 minutos ou máis. De momento estouno cumprindo aínda que é unha auténtica comedura de cabeza. Fágoo por respecto a elas xa que perdemos toda unha tarde e resultaríame violento meter a unha moza 5 ou 10 minutos téndose que desprazar a 120km de media e para que todas teñan minutos e poidan mellorar competindo. En definitiva, se as meterá para perder tempo ou 5-6 minutos, estaríame, outra vez, centrando no resultado”.

Check Also

Presentado o trofeo internacional fútbol feminino de Canedo

Sampayo, Candela e Yuse asistiron ao Pavillón de Os Remedios en representación da EFF Rosalía.No …

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.

Skip to content