Dous erros temperáns castigaron ás pontinas e o Celta sentenciou tras o descanso a pesar de recortar distancias Antía.
A Escola de Fútbol Feminino Rosalía caeu no campo Municipal de Oira por 1-4 ante o Celta de Vigo na 5ª xornada da Liga Galega Cadete. As visitantes adiantáronse moi pronto aproveitando dous desaxustes locais e, a pesar de a reacción pontina na segunda metade, dúas poutadas celestes certificaron o resultado.
As pontinas arrincaron con orde e personalidade, pero as visitantes acabaron xerando as primeiras chegadas. Aos sete minutos, Lucía puxo unha falta ao corazón da área que Sabela Raposo rematou brando ás mans de Noa; no 9’, Vera probou desde a esquerda alto. A resposta local dous minutos despois, Irene buscou sorprender de libre directo, pero Lucía Otero blocou sen problemas. ‘O Celta’As Celtas’ golpearon no co primeiro desaxuste local. Saque rápido que colle á zaga descolocada, Sabela Raposo gaña as costas e serve ao segundo pau para que Iria marque cruzado (0-1, minuto 12). O segundo chegou noutra acción evitable. Despexe longo de Lucía Otero que a defensa dá por controlado, Aroa anticípase a Candela e define ante Noa can disparo cruzado.
Tras o descanso, as visitantes ameazaron con Sabela Raposo en duas xogadas (minutos 53’ e 59’), sen acerto cara portería, en especial nunha acción na área pequena. Non fallou Lucía Salceda, cravou un dereitazo á escuadra para subir ao ‘luminoso’ o 0-3. Rosalía respondeu: centro de Amelia, cabezazo de Irene ao pau e, tras varios rexeites, Antía empuxou a gol. Cando mellor estaban as locais, Aroa cazou un balón no pico da área e asinou o 1-4 definitivo cun tiro axustado no que Noa non puido facer nada.
En definitiva, ‘As Celtas’ saíron a dominar e noso cadete tentou contrarrestar desde a orde. Dous erros tiraron o plan na primeira metade e, a pesar do empuxe tras o descanso, dous golpeos visitantes sentenciaron.
FICHA TÉCNICA
EFF Rosalía: Noa, Sabela, Antía Rodríguez, Sara, Amelia, Alma Babarro, Ainhoa, Candela López, Irene, Cayetana, Victoria. Tamén rogaron: Nicole, Elena, Sofía Vázquez, Xiana Rodríguez, África.
RC Celta: Lucía Otero, Daniela, Iria, Daniela, Antía, María, Sabela Raposo, Sabela Fernández, Vera, Lucía Salceda, Aroa. Tamén rogaron: Alba, Lucía Gregorio, Carmen, Lola, Nerea.
Goles:
0-1 (minuto 12) Iria
0-2 (minuto 22) Aroa
0-3 (minuto 67) Noa Salceda
1-3 (minuto 69) Antía Rodríguez
1-4 (minuto 76) Aroa
Tarxetas
Amarela (minuto 10) María Luisa

