O novo fisioterapeuta completa a parte deportiva dirixida por Alberto Tamayo.
Jorge Gago foi presentado esta mañá oficialmente ante os medios de comunicación. Acompañado polo presidente, Mario Gómez e o resto da directiva, o ourensán mostrouse tremendamente ilusionado por chegar ao proxecto do Rosalía.
Jorge Gago mostrouse encantado na súa presentación: “Incorporarme a unha familia con esta personalidade e valores como a EFF Rosalía fai que fose unha decisión moi fácil de tomar”.
O titulado en fisioterapia pola Universidade da Coruña e co Máster en fisioterapia instrumental, conta cunha experiencia dilatada, destacando o seu traballo en Club Ourense Baloncesto (2020-2022) e Envialia FSF (2022-2024), clubs nos que formou parte do departamento de recuperación de xogadores. Na actualidade forma parte da plantilla da Clínica Movemento Ourense. “Profesionalidade, positivismo e empatía deportiva. Tres valores que definen a miña forma de traballar”, destacou Gago nas declaracións a nosa web.
A directiva do noso club mostra a súa alegría pola chegada dun profesional que enriquece a parte parte técnica do organigrama deportivo: “a parte de prevención e recuperación é unha faceta moi importante no deporte, mais aínda no noso tempo, onde os partidos e adestramentos son máis físicos que hai uns anos. O poder contar con profesionais da experiencia de Jorge, enriquece o noso club e axuda ao crecemento do mesmo”.
Benvido Jorge!.