Comercial-Rosalía: as campioas buscan pechar a Liga con vitoria

As azuis visitan o Municipal Rodríguez Lago 1 co obxectivo de prolongar a sua espectacular racha e sumar o noveno triunfo seguido (16:00 h; sábado).

Trece días logo do seu último partido de Liga, a Escuela de Fútbol Femenina Rosalía disputa esta tarde no Municipal Rodríguez Lago 1, o partido que poñerá fin á fase de grupos da campaña 2020/21. O obxectivo das azuis é sumar o seu décimo triunfo consecutivo e despedir a Liga logrando o pleno de vitorias na competición (16:00 h; sábado).

“Se o Comercial xoga ao 110% é o mellor que nos pode pasar a nós, sobre todo pensando no que nos poder vir diante”, indicou Saa na conferencia de prensa previa ao encontro. O técnico catalán convocou a 15 xogadoras para un partido ao que as azuis chegan logo da xornada de descanso da pasada semana.

Convocatoria
Porteira: Lidia.
Defensas: Bea, Sabela, Sequeiros, Feijóo e Noa Domínguez.
Centrocampistas: Marta Besada, Saray, Aida, Fírvida, Aldarita e Patricia.
Dianteiras: Zaira, Silvia e Noui.

Ademais de prolongar a dinámica de resultados das últimas semanas e poñer o broche de ouro ao campionato, as pontinas afrontan o duelo de Lugo con varios alicientes. Entre eles, manter o seu excelente nivel defensivo e volver sumar un partido imbatidas no campionato logo de recibir gol nas dous último disputados. Desde o comezo da Liga, o equipo só recibiu dous tantos. Ademais, Rocío está segunda na clasificación do “Trofeo Zamora” cun coeficiente de 0,28 (2 goles en 7 partidos). Doutra banda, Noui e Zaira buscarán ampliar o seu racha goleadora: levan 32 goles na competición e son as máximas goleadoras do Grupo E.

Record
En caso de vitoria, a Escuela de Fútbol Femenina Rosalía unirase a CD Ourense e UD Ourense como os únicos tres equipos de fútbol da provincia de Ourense que lograron a “Liga perfecta”, terminando todos os partidos da súa competición con vitoria. Feito que logrou o desaparecido Club Deportivo Ourense na campaña 67/68 na 3ª división e o herdeiro do club histórico ourensano, Unión Deportiva Ourense, na súa campaña de debut na 3ª rexional autonómica (2014/15).

Check Also

Javier Alonso, novo adestrador do Promesas “B”

O novo adestrador do equipo Promesas chega avalado polo director de fútbol base, Alberto Tamayo, …

Skip to content

Si continuas utilizando este sitio aceptas el uso de cookies. más información

Los ajustes de cookies de esta web están configurados para "permitir cookies" y así ofrecerte la mejor experiencia de navegación posible. Si sigues utilizando esta web sin cambiar tus ajustes de cookies o haces clic en "Aceptar" estarás dando tu consentimiento a esto.

Cerrar