Site icon E.F.F. Rosalia

Comeza a Liga Infantil

385 días despois volve a competición á Liga Galega Infantil Feminina cun formato de tres grupos de tres equipos.

O sete de marzo de 2020 era a data en que se disputaba a décimo terceira xornada da 1ª Liga Galega Infantil Feminina, última da tempada ao suspenderse todas as competicións polas restricciones sanitarias para combater o cobid-19. Un ano e 20 días despois volve a competición cun formato express con 9 equipos en competición e cun plan competicional que remataría o fin de semana do 26 e 27 de xuño.

Na primeira fase os clubes dividiranse en 3 grupos de 3 equipos:

Xogarán todos contra todos en doble volta (catro xornadas) e de ahí sairá a segunda fase, que se dividirá igualmente en subgrupos conservando a puntuación da primeira fase e que se organizarán da seguinte manera:

Na 3ª e derradeira fase realizarase o campeonato para decidir ao campión da presente tempada. Proclamarase campión e será acreedor do trofeo que o acredite como tal, o equipo vencedor dos enfrentamentos que a continuación de detallan e tras xogar semifinais e final a un partido e en sede neutral:

Mellor 1º vs mellor 2º xogan unha semifinal e os restantes primeiros de grupo xogan a outra semifinal. Os vencedores enfróntanse na gran final.

A primera xornada do Grupo C celebrarase esta fin de semana, na que a Escuela de Fútbol Femenino Rosalía terá xornada de descanso, polo que as 22 xogadoras, dirixidas por Alba Rodríguez e Vane Abadín, terán que esperar unha semana máis para estrearse na competición.

A pesar de descansar na 1ª xornada, as infantís seguen adestrándose a tope.
Exit mobile version