O equipo, dirixido unha ano máis por Alba Rodríguez, será o primeiro en volver aos adestramentos logo de oito meses pola situación actual sanitaria.
O Monte da Aira prepara xa a volta aos adestramentos dos dous equipos inferiores femininos da Escuela de Fútbol Femenino Rosalía de cara á campaña 2020-21. As datas do comezo das pretempadas das distintas categorías terán as seguintes datas de inicio:
· EFF Rosalía Infantil: luns, 30 de novembro.
· EFF Rosalía Promesas: martes, 1 de decembro.
Mañá luns, a partir das 18:00 horas están citadas nas instalacións deportivas de Velle as 23 xogadoras que terá á súa disposición o corpo técnico formado por Alba Rodríguez e a recentemente chegada Vane Abadín no equipo infantil. Un plantel que perdeu a duas das súas mellores xogadoras, Marta Montes e Lidia, que esta tempada xa forma parte do equipo senior, e a Claudia Pérez, Sheila e Cloe por diferentes motivos extra deportivos pero que se viu reforzada coa chegada de seis xogadoras dos equipos Promesas “A” e “B” e catro novas xogadoras.
Pola súa banda, a EFF Rosalía Promesas este ano contará soamente cun equipo debido ás numerosas baixas de xogadoras ao non atoparnos cunha situación estable polos problemas sanitarios que estamos vivindo nos últimos meses, algo que tamén atrasou o inicio dos adestramentos das máis pequenas.
O equipo de base terá como adestradores a María Feijóo, encargada a pasada campaña do Promesas “B” e a Miguel Saa, adestrador do senior, que tomou a decisión de aceptar a proposta da directiva para implicarse máis no proxecto e así coñecer as futuras xogadoras do equipo senior cara os próximos anos.
Os horarios e lugares de adestramento serán:
· Infantil: Luns ás 18:00h no Monte da Aira e xoves ás 16:00 no Monte da Aira
· Promesas: Martes (18:00h; Monte da Aira), xoves e venres nas instalacións de Salesianos a partir das 17:45h.
En ambos casos seguiranse os procolos de adestramentos oficiais da Escuela de Fútbol Femenino Rosalía e as súas medidas de prevención do Covid19.